PALMARÉS DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE EUROÁRABE AMAL 2011

31 / 10 / 2011

Tras unha semana de proxeccións exhibidas na Galería Caroní da Fundación Araguaney e o Teatro Principal, en sesión diarias de 12,00; 18,00; 20,00; 22,00 e 00,00 horas, pódese dicir que o Festival Amal foi todo un éxito. Con algo máis de 3.500 espectadores en total, o que fai una media de 700 asistentes diarios, a organización está máis que satisfeita pola participación do público. Participación á que habería que engadir o elevado número de persoas que formaron parte do festival dende outros puntos, coma foron os obradoiros de cociña, danza e caligrafía; o concurso de curtas Amal Express ou o Concurso Dar no Cravo.

Pasamos a comentar o palmarés do festival.

En Santiago de Compostela, o día 27 de outubro de 2011 reuniuse no Hotel Araguaney, o xurado da IX Edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, composto por:

– Dna. Yasmine Al Massri, Presidenta do xurado

– D. Haizam Amirah Fernández

– Dna. Najla Said

– D. Michael Desante

– Dna. Montse Besada

-Dna. Emma Lustres

-D. Abdulhamid Juma

 

e Coralie Yap-Chine, Coordinadora do Festival, presente como secretaria do xurado na reunión, con voz pero sen voto. O xurado reunido para a ocasión, procedeu a decidir ós premiados correspondentes a esta IX Edición nas seguintes categorías:

Mellor longametraxe de ficción: 5.000 € e trofeo.
Mellor longametraxe documental: 3.500 € e trofeo.
Mellor curtametraxe de ficción: 1.200 € e trofeo.
Mellor curtametraxe documental: 1.200 € e trofeo.
Mellor director: 4.000 € e trofeo.
Mellor actriz: Trofeo
Mellor actor: Trofeo

– Mellores longametraxes de ficción ex aequo as películas “Cairo exit”, de Hessham Issawi (“A Saída do Cairo”) e “Son of Babylon”, de Mohamed Al Daradji. 

– Mellor longametraxe documental a película “This is my land, Hebrón” (“Esta é a miña terra, Hebrón”), de Giulia Amati y Stephen Natanson.

– Mellor curtametraxe de ficción: “Courte Vie” (Unha vida curta), de Adil El Fadili.

– Mellor curtametraxe documental: “Al Madina”, de Gonzalo Ballester.

– Mellor Actor: Yasser Taleeb pola súa interpretación en Son of Babylon”, de Mohamed Al Daradji.

– Mellor atriz: Marhyam pola súa interpretación en “Cairo Exit(“A Saída do Cairo”), de Hessham Issawi.

– Mellor director: Mohamed Al-Daradji por Son of Babylon”.

– Premio da TVG: “Todos vós sodes capitáns”, de Oliver Laxe.

– Premio do público: “This is my land, Hebrón” (“Esta é a miña terra, Hebrón”) , de Giulia Amati y Stephen Natanson.

– Premio “Amal Express”: “(S)alas de revolución”, de Carlota Mosquera Rodríguez.

Categoría: Novas
Etiquetas: