O xurado do 19OUFF, composto por Toni D’Angela, Carlos Iglesias, Isabel Blanco, Xavier Villaverde, Teresa Fernández-Valdés e Moncho Lemos, determina que o palmarés do 19OUFF será o seguinte:
Outórganse as seguintes mencións especiais:
Ao elenco de intérpretes de De nieuwe wereld, polo alto nivel do grupo interpretativo.
Á actriz Katja Riemann, de Ohne dich, pola súa excelente interpretación.
Ao director de fotografía de Beto Martins, de A história da eternidade, pola calidade do seu traballo.
E concédense os seguintes premios:
PREMIO DO PÚBLICO: OHNE DICH, de ALEXANDRE POWELZ
PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN: NABIL ASLI por LA PREUVE
PREMIO AO MELLOR GUIÓN: ALEXANDRE POWELZ e ALEXANDRA UMMINGER por OHNE DICH
PREMIO ESPECIAL DO XURADO: SIMINDIS KUNDZULI, de GEORGE OVASHVILI
PREMIO “CARLOS VELO” Á MELLOR DIRECCIÓN: JAAP VAN HEUSDEN por DE NIEUWE WERELD
GRAN PREMIO CALPURNIA Á MELLOR PELÍCULA: DE NIEUWE WERELD, de JAAP VAN HEUSDEN