O director e guionista da serie documental “Voces contra la globalización… ¿otro mundo es posible?”, impartirá este obradoiro-debate do 5 ó 8 de maio, na Facultade de CC. da Comunicación en Santiago, organizado polo Club Internacional de Prensa.
Analizar a fondo o periodismo de investigación na tv, para qué investigar, qué e cómo facelo, o proceso de investigación na elaboración de documentais, e unha chea de contidos máis relacionados coa elaboración dos Documentais audiovisuais, centrará o Obradoiro-Debate que o Club Internacional de Prensa organiza do 5 ó 8 de maio –ámbolos inclusive- na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (USC). Será o director e guionista da serie documental emitida por La 2 de TVE “Voces contra la globalización… ¿otro mundo es posible?”, Carlos Estévez, quen impartirá o Obradoiro “Outro periodismo é posible… tamén na televisión”.
O Obradoiro vai dirixido tanto a estudantes como a profesionais da comunicación audiovisual, e ten carácter gratuito, se ben é obrigatorio –para obter o Certificado de Asistencia- participar na totalidade do Programa, os catro días.
Con Conferencias e charlas, proxeccións audiovisuais e debates analíticos, Carlos Estévez fará partícipes a tódalas persoas asistentes, do proceso de elaboración dun documental audiovisual, xa que o evento está concebido así: participativo, analítico, reflexivo, ó tempo que –obviamente- didáctico.
Para asistir ó Obradoiro…
Só cómpre inscribirse –é de balde- no Club Internacional de Prensa, ben baixando o Boletín de Inscrición da web do mesmo, www.clubinternacionaldeprensa.org, ben dirixíndose ó correo club.inter.prensa@xunta.es, ou ben chamando ó 98154 59 50. A asistencia é gratuita, pero tamén obrigatoria para aquelas persoas que se inscriban.
O Programa:
Investigar para qué?
“Como traballar de xornalista e non morrer no empeño”
Na xornada primeira, o luns día 5, a temática é: Por que investigar cando o máis cómodo é recibir ordes do xefe. O periodismo de convocatoria e o periodismo de conveniencia. A quen lle interesa a investigación. Como facer que moi pronto desistas do teu empeño. Os controis da información. Investigar nun medio privado e nun medio público. Qué temas se poden investigar, qué temas se deben investigar. Ata onde chega a investigación. Non todo é posible á hora de chegar á verdade. A verdade e a túa verdade. Como debe ser un xornalista de investigación. Probas, probas e máis probas. Nin policías, nin xuíces: só somos xornalistas. A quen molesta a nosa investigación. O periodismo de investigación en España. Cando o chaman investigación e non o é. As fases da investigación para televisión. Fin da investigación ¿Como afrontar o programa? Os guións, a montaxe, o ritmo, a historia, como escribila, o resultado final.
Proxectarase e analizarase o documental “El secreto nuclear español”, explicando o seu proceso, o “Así se fixo” dese traballo.
Investigar… cómo?
“Qué doado é investigar, qué difícil é atopar quen o faga, que complicado o que as empresas o queiran facer”
O martes día 6 o contido será: Como afrontar unha investigación para a televisión. A formulación dos temas. A busca de documentación. Contrastar as fontes. A construción dunha boa historia. Os primeiros pasos da investigación. Non se desviar do camiño. O que pensabas, o que sabías e o que resulta. ¿Debo contarlle todo ao meu xefe? Os documentos de traballo. Tipos de investigación: 1) histórica (as últimas testemuñas); 2) temas de actualidade -o lobo, Roldán- e 3) temas de mafia e corrupción (os confidentes da droga); a mafia rusa visita España. As fontes: como comportarse ante as fontes- información interesada e información manipulada. Precaucións a tomas (caso 23f). ¿Todo é lícito para obter unha información?: formas de obter a información para televisión (inmigración). ¿Hai que pactar coas fontes, hai que pagar ás fontes? (confidentes da droga). O que esperan de ti e o que ti podes esperar deles. Nunca esquezas que és xornalista. Terrorismo e investigación (temas ETA).
Proxectarase o documental “ETA, tela de araña”, para afondar tamén no seu proceso de construción.
Investigar ¿Qué?
Como investigar o noso pasado recente
Xa o mércores 7, serán os seguintes temas os que centre a xornada: A investigación de temas políticos. A arte de revolver nos armarios pechados. Papeis que desaparecen (Carrero). Non todo é o que parece. A investigación é unha cousa de moitos. Como camiñar cara á solución. A teoría do caniche ante a cova do oso. A selección de documentos gráficos. Unha porta en dúas direccións. Coidado coas túas fontes. Caixas fortes e documentos. Diferentes formas de presentar a investigación (23 F e máquina verdade). Análise e debate.
A proxección e análisis serán sobre o documental “23 F: rompe el silencio”.
Investigar: non todo está permitido
O derradeiro día, xoves 8, Carlos Estévez porá sobre a mesa: ¿Todo se pode investigar? ¿Que facer cando non teño imaxes? A utilización da cámara oculta. Casos prácticos. Legalidade e ilegalidade da utilización de cámaras ocultas. A investigación e a verdade. Ante os xuíces.
O temario centrarase en:
Cámara oculta Roldán
Cámara oculta Tarín
Cámara oculta rúa
A arte de producir documentais. Tamén ti podes facelo
Esta será a conferencia-debate que ocupará tamén o programa deste xoves: O documental está ao alcance de todos. Unha nova forma de concibir o documental. Como abaratar a produción. Documentais para pensar. Perder o medo ao busto parlante. Non todo é imaxe. O valor do xesto e a palabra. Os documentos e as entrevistas, formas de combinalas. Como enfrontarse a un documental de análise. No documental, a reflexión tamén é posible.
Proxectarase e analizarase un dos capítulos de “Voces contra la globalización… ¿otro mundo es posible?”, repasando o seu proceso completo.