OUFF E CINECLUBE PADRE FEIJOO PRESENTAN O CINE DOS PREMIOS MESTRE MATEO 2010

26 / 04 / 2011

Logo da entrega dos Premios Mestre Mateo 2010 a pasada semana en Ourense, e na que tanto 18 Comidas (exhibida como película inaugural do 15OUFF e dentro da súa sección oficial) coma Os Crebinsky (actualmente en carteleira) resultaron as grandes vencedoras, 16OUFF e Cineclube Padre Feijóo queren ofrecer unha escolla dos traballos nominados nas diferentes categorías. Con este ciclo pechamos o mes de abril e preparamos xa, para maio, o ciclo de cine oriental…

 

MARTES 26 | Cinebox | 20:30 + 23:00 horas | 4€  | PMM’10 Longametraxe

 

THE WAY, de Emilio Estévez. 88′. V.O. subtitulada en galego.

Tom Avery é un reputado oftalmólogo de California que viaxa a Francia trala morte do seu fillo Daniel. O Camiño de Santiago era o último proxecto do finado, polo que decide retomar a idea: o camiño será o seu reencontro.

  

MÉRCORES 27 | Cinebox | 4€  | PMM’10 Documentais

 

Sesión1, 20:30 horas

> El Mono Paco (Piño Prego, 52′)

Un mono verde africano, famoso ao alterar a paz de Redondela e Vigo masturbándose en público. Icono sociopolítico da movida viguesa.

> Radiografía dun autor de tebeos (Marcos Nine, 20′) Gañador PMM’10. Unha viaxe a través do imaxinario do ourensán David Rubín, un dos debuxantes de cómics máis importantes do momento.

 

Sesión 2, 23:00 horas

> Koruño, el legado de Hércules (E.Esmorís… 38′)

Falso documental de investigación en clave de humor sobre a verdadeira orixe do “idioma” koruño.

> Lira: Reserva de Vida na Costa da Morte

(M.Gallego, 52′) Mariñeiros e mariscadoras de Lira debuxan a creación da primeira reserva mariña de interese nunha zona arrasada polo verquido do Prestige.                            

 

XOVES 28 | Cinebox | 20:30 + 23:00 horas | 4€  | PMM’10 Curtametraxes

 

> El Grifo, de Denís Rovira. 16′

> Leo y Mario (Se dejan), de Sonia Méndez. 20′

> A Residencia, de Álex Sampayo. 11′

> Xoel y los X-Men, de Eusebio Pastrana. 20′

(Gañador PMM’10 á mellor curta de ficción)           

> Checkout, de Iker García e Salvador Rubio. 8′

> Cribba o Vampiro, de Daniel Montero. 8′

> Gato Encerrado, de Peque Varela. 13′

(Gañador PMM’10 á mellor curta de animación)

 

Etiquetas: