OUFF E CINECLUBE PADRE FEIJÓO PRESENTAN “I´M STILL HERE” DE CASEY AFFLEC

8 / 06 / 2011

Unha das películas que xenerou máis espectativas ao longo de 2010, tanto pola propia evolución do seu protagonista, Joaquin Phoenix, como pola dúbida que deixou no ar. I’m Still Here é a película que Festival de Cine Internacional de Ourense e Cineclube Padre Feijóo ofrecen este mércores dentro do ciclo Docuficción. Dirixida por Casey Affleck, trátase dun mockumentary ou falso falso documental que amosa un ano tumultuoso na vida de Joaquin Phoenix desde que anunciou publicamente, en outono de 2008, que abandonaba a súa carreira cinematográfica para reinventarse como músico de hip hop.

A cita é hoxe mércores 8 de xuño nos Cinebox en dobre pase de 20:30h e 23:00h cunha entrada a 4€ (reducida para estudantes con carné universitario e maiores de 65 anos).

 

Categoría: Novas
Etiquetas: