O OUFF e o Cineclube Padre Feijóo estra ciclo de Cine Político cun pase extra ás 18.00h ademais dos habituais ás 20.30h e 23.00h ante a demanda de público. Así, o vindeiro mércores día 1 de febreiro, proxectarase a película Habemus Papam, de Nanni Moretti.
Habemus Papam, unha sátira sobre o poder eclesiástico dirixida por Nanni Moretti (o mesmo de Caro Diario…), será o filme encargado de inaugurar este novo horario o vindeiro mércores 1 de febreiro, e tamén o ciclo de Cine Político. A fita italiana acompañará a Four Lions, unha divertidísima ollada ao terrorismo islámico, e a Il Divo, unha historia de corrupción na Italia de Giulio Andreotti.
As sesións de +Cine son tódolos mércores no Cinebox con pases ás 18.00h, 20.30 e 23.00h. A entrada é de 4€, reducida (3€) para estudantes con carnet universitario, desempregados e maiores de 65 anos.