Os XXIII Premios Mestre Mateo presentan a súa nova imaxe

30 / 01 / 2025

Os XXIII Premios Mestre Mateo inician os preparativos para a súa próxima gala, que terá lugar en Lalín o 15 de marzo. A Academia Galega do Audiovisual presentou hoxe a nova imaxe dos premios. “O audiovisual en movemento” é o lema que acompañará este ano a celebración. 

O vindeiro xoves 6 de febreiro, a partir das 11.30 horas, a actriz Susana Sampedro e o sonidista David Machado anunciarán as candidaturas finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo. Os presentadores estarán acompañados polas institucións responsables.  

O anuncio dos finalistas terá lugar no Pazo da Deputación de Pontevedra e poderase ver en directo a través da canle de Youtube da Academia e nas súas redes sociais.

Categoría: Novas
Etiquetas: