Os socios da Academia Galega do Audiovisual podedes desfrutar de descontos ou beneficios nos seguintes establecementos.
Descontos
– ALOXAMENTO:
o Casa de turismo rural “Casa dos Noche” (Coirós). Os académicos poderán desfrutar dun desconto do 20% nas tarifas, excepto en tempada alta.
Contacto: Elena
Encargada
647 971 720
o Hotels Attica 21. Os académicos poderán beneficiarse das tarifas empresa que ofrece a cadea nos seus hoteis e apartahoteis de A Coruña, Barcelona, Corme, Sabadell, Sevilla e Vilalba. Os prezos son os que se indican a continuación:
HOTEL |
DUI |
DBL |
ALMORZO |
IVE |
OBSERVACIÓNS
|
Attica 21 Coruña 4*. A Coruña |
65,00 € |
72,00 € |
Incluído |
Incluído |
Wifi, ximnasio e aparcadoiro gratuíto. |
Attica Spa Vilalba 4*. Vilalba (Lugo) |
52,50 € |
65,00 € |
Incluído |
Incluído |
|
Attica 21 Barcelona Mar 4*. Barcelona |
93,00 € |
108,00 € |
Incluído |
Incluído |
Wifi gratuíto. Taxa turística 1,21 €/persoa/noite. Pago directo en hotel. |
Apartahotel Vallés 3*. Sabadell |
53,00 € |
60,00 € |
Incluído |
Incluído |
Aparcadoiro e wifi incluído. Taxa turística 0,49 €/persoa / noite. Pago directo en hotel. |
Apartahotel As Galeras 3*. Oleiros (A Coruña) |
41,00 € |
51,00 € |
Incluído |
Incluído |
|
Apartamentos El Portazgo. A Coruña |
28,00 € |
40,00 € |
Incluído |
Incluído |
|
Cortijo La Solana. Sevilla |
59,00 € |
59,00 € |
Incluído |
Incluído |
|
Apartamento Playa de Osmo. Corme |
64,80 € |
64,80 € |
No incluído |
No incluído |
|
As reservas ou consultas deberanse facer coa comercial Silvia Durán Morais, cuxo contacto figura máis abaixo.
Os prezos son netos. As tarifas son por habitación e por noite, e baixo dispoñibilidade.
As reservas deberanse confirmar por escrito (fax, mail, etc) facendo sempre referencia ao acordo especial empresa “Academia Galega do Audiovisual”. A reserva estará garantida ata as 18.00 horas. En caso de presentación posterior á hora de garantía será necesario confirmar a reserva a través de soporte escrito por parte do socio.
As reservas deberán ser pagadas directamente polo socio quen deberá identificarse como tal co carné da Academia ou a través dun mail no que indique que é socio da Academia Galega do Audiovisual para que se lle apliquen as tarifas negociadas. Se o socio quixera empregar outra forma de pago teríao que consultar co hotel.
No caso de cancelacións con menos de 24 horas de antelación ou da non presentación do socio no hotel, o hotel resérvase o dereito a facturar a primeira noite en concepto de gastos de cancelación.
Contacto:
Silvia Durán Morais
Responsable comercial
Tel: 981 179 299 / 618 082 858
comercial.coruna@attica21hotels.com
Attica 21 Hotels
o Hotel Zenit. Os académicos poderán obter un desconto do 10% sobre a mellor tarifa dispoñible en todos os hoteis da cadea, incluídas ofertas especiais, todos os días das semana e ao longo de todo o ano. Para que o desconto sexa efectivo é necesario que o académico faga a reserva a través do link http://www.reservaszenit.com/EnlaceExterno ou ben por teléfono, indicando a condición de académico máis o número de socio.
Contacto:Ana Fernández
Delegado Comercial
986 417 255 / 636 452 874
comercialvigo@zenithoteles.com
o NH Hoteles. Aplicarán aos socios a tarifa “Mejor tarifa disponible”(Tarifa Flexible na súa páxina web), consistente nun desconto do 5% que se poderá aplicar en todos os hoteis da cadea situados en España, Portugal e Andorra, non sendo acumulable a outras ofertas ou promocións. Esta tarifa non é válida para grupos (a partir de 10 habitacións diarias e por hotel), eventos, convencións ou incentivos, que se cotizarán de forma personalizada a en función das datas e número de habitacións solicitadas.
Para efectuar as reservas poderase contactar directamente en cada hotel indicando o número de identificación asignado á Academia, o “ID Party” que é o 20410387, a través da central de reservas (902 115 116) ou ben a través do link http://www.nh-hotels.com/nhsso/SSO.Controller?event=1&language=es&ssousername=agalegaaudiovisual&password=YHSYOW&p_requested_url=http://www.nh-hotels.com/nh/es/searchsites/academia-galega-do-audiovisual.html empregando o “ID Party”. As habitacións estarán reservadas ata as 18.00 horas. No caso de chegadas posteriores será preciso garantir a a reserva cun número de tarxeta de crédito directamente no hotel.
Contacto: Maite Viña
Departamento Comercial de España, Andorra e Portugal
91 327 6495 / 7495
o Pousadas de Compostela. Os académicos poderán obter un desconto do 15% na tarifa pública (baixo dispoñibilidade). As reservas poderánse facer directamente por teléfono ou a través da páxina web www.hotelessantiagodecompostela.com. No caso de facer as reservas a través da web, para poder aplicar o desconto os socios deberán introducir un código promocional unha vez seleccionen as datas.
O código para o ano 2012 é AGA-2012-20ABA023 e para o ano 2013 é 2013 é AGA-2013-15ABA155.
Independentemente de cal sexa a forma de facer a reserva será necesario que no momento de facer o check in os socios/as se identifiquen como membros da Academia.
Contacto: Alicia
Xefa de reservas
981 569 350
– ASESORÍA LEGAL:
o Miguel Lorenzo (A Coruña). Os académicos poderán desfrutar de asesoramento de tipo xurídico a través do avogado Miguel Lorenzo.
Contacto: Miguel Lorenzo
Avogado
981 258 250
o Colón Abogados & Asesores Tributarios (Vigo). Ofrecen aos académicos unha primeira consulta ou toma de contacto coa cuestión formulada sen custe algún
(cuestións sobre dereito fiscal, civil, administrativo, mercantil, laboral, etc) . No caso de aceptar a proposta de honorarios iniciarase o procedemento oportuno e no caso
de que non, non se lle facturará importe algún. Tamén se poderán formular cuestións puntuais que non terán custe para o interesado.
Contacto: Rebeca Arias
Avogada Tributarista
986 22 31 59 // 647 49 22 89
– AUTOMÓBILES:
o Concesionario “Arrojo SA” (Oleiros). Os académicos poderán disfrutar de dous tipos de vantaxes, ademais dun asesor exclusivo en calquera dos servizos ofrecidos:
§ No caso de estar interesados na adquisición dun automóbil marca Audi aseguran a mellor oferta. Tamén terán acceso a tarifas de financiamento preferentes.
§ No caso de ter un automóbil marca Audi ou Volkswagen poderán gozar dos seguintes beneficios nos servizos postventas:
· Acceso aos programas de fidelización de Arrojo SA e ás súas ofertas especiais será prioritario. Será o primeiro en sabelas.
· Terán á súa disposición un coche de aluguer, a un prezo privilexiado.
· Ofrecen unha liña de crédito para calquera reparación:
o Crédito máximo: 6.000 euros.
o Crédito mínimo: 300 euros
Prazo máximo 12 meses. Prazo mínimo 3 meses.
· Facilitaranlles unha cita previa preferente coa “Cita Previa Express” para que sempre que queiran acudir ao taller poidan facelo rapidamente.
· A reparación do automóbil do académico será prioritaria.
· No caso de reparación, teñen á súa disposición a un chófer de Arrojo SA que o levará dende o concesionario ata o centro da Coruña e o recollerá cando o necesite.
· No caso de esperar no concesionario, sala de espera con Wifi gratis.
· Sempre que o automóbil teña unha intervención de máis de 6 horas facturadas de mán de obra prestaranlle un coche ao académico.
· Cunha soa chamada o académico terá todo solucionado, dado que o concesionario encargarase de realizar todos os trámites que teña, tanto coa compañía de seguros como coa empresa de renting.
· Limpeza e lavado do coche de forma gratuíta, incluso aínda que non vaia ao taller (imprescindible pedir cita previa).
En cada visita ao taller o académico terá dereito a dous lavados posteriores adicionais, pero tamén con cita previa.
· Recollida e entrega gratuíta cando o automóbil estea listo e no lugar que indique o académico ( limitado a un radio de 30 km do concesionario Arrojo SA; noutros casos consultar).
· Probar onde a cando queira o académico un novo vehículo marca Audi.
· Servizo de carrozaría, ofertas privilexiadas en cambios de pneumáticos e a realización da pre-ITV tamén para outros coches que teña na casa, aínda que sexan doutras marcas.
· Terán á súa disposición un asesor comercial exclusivo que lles ofrecerá un servizo personalizado de asesoría na súa compra.
· Recibirán ofertas de seguros premium para todos os automóbiles do fogar.
Para poder acceder a todos estes servizos será necesaria a presentación da tarxeta exclusiva de servizos VIP personalizada que terá que solicitar á oficina da Academia.
Contacto: David López Natalia Ferreño
Asesor de ventas Asesor Postventa
659 927 872 981 635 400
vendedor2.arrojo@perezrumbao.com atencionalclienteaudi@perezrumbao.com
o Ya-Car (Arteixo, Culleredo e Santiago de Compostela). Desconto do 20% nas tarifas de aluguer de vehículos e 15% nas tarifas de aluguer de furgonetas. As tarifas, modelos de vehículos e furgonetas, e condicións pódense consultar no pdf de máis abaixo.
Contacto:
Jesús González
637 567 686
881 962 341
– CINES:
o Cines Filmax (en Galicia).
Tarifa do “día do espectador”, de luns a venres (incluído), e en todas as sesións. Nos cines de A Coruña a tarifa do “día do espectador” será de 6.40 euros e nos cines de Lalín de 5.60 euros.
o Cines Yelmo (en Galicia).
Tarifa reducida de 7.30 euros en todas as sesións de luns a domingo nas salas que Yelmo Cineplex ten en Galicia.
En películas en 3D teñen o recargo de 2.5 euros polo 3D e 1 euro polas gafas.
– CURSOS:
o Polisemias, Taller de escritura (A Coruña). É o primeiro espazo en Galicia dedicado en exclusiva a impartir talleres de escritura creativa. Un espazo dedicado á creación literaria e a súa relación con outras artes como a fotografía e o teatro. Ofrecen aos socios e socias un desconto do 10% nas súas tarifas mensuais dos talleres que organizan ao longo do ano.
Contacto:
Pedro Ramos
881 251 219
– IDIOMAS:
o Intensive Learning (Allariz). Empresa dedicada a ensinanza de idiomas (alemán, chinés, francés e inglés) mediante un sistema de inmersión que permite aos alumnos mellorar os seus coñecementos lingüísticos nun período mínimo de tempo, xa que unha semana de curso equivale a tres semanas no estranxeiro. Para elo contan co entorno da vila de Allariz, o servizo da cadea hoteleira AC Hoteles e un profesorado nativo altamente cualificado. O obxectivo destes cursos é acadar un progreso significativo nun período de tempo mínimo, tratando de emular a estancia nun país estranxeiro enfrontando aos alumnos a situacións da vida real. Estes cursos poden ser tanto xenéricos como específicos para o sector audiovisual (esta modalidade estaría condicionada a o número de interesados). Os socios que decidan facer este curso intensivo obterán un desconto do 10% nas tarifas:
§ Curso de semana:
· Tarifa socios en habitación doble: 1.116,00 euros.
· Tarifa socios en habitación individual: 1.224,00 euros.
§ Curso de fin de semana:
· Tarifa socios en habitación doble: 252,00 euros.
· Tarifa socios en habitación individual: 288,00 euros.
Estas tarifas especiais son por persoa e inclúen a formación, material, aloxamento e manutención en pensión completa.
Contacto: Lois Babarro
Director Intensive Learning
677 157 097
director@intensive-learning.com
– LIBRERÍAS E PUBLICACIÓNS:
o Librerías:
§ Arenas (A Coruña). Aplican un desconto do 5% a todos os clientes que paguen en efectivo.
§ Fnac (A Coruña). Os académicos que aínda non sexan socios da Fnac e desexen selo, así como aqueles que lles toque renovar a súa cota, poderán desfrutar dun desconto do 50% no importe da cota de acceso ao “Club Fnac Ocio y Cultura” quedando en 7.50 euros e coas seguintes vantaxes:
o Descontos indirectos polas compras realizadas: Os socios acumularán un 5% do importe das compras feitas en tecnoloxía (informática, imaxe, son, fotografía e telefonía fixa) na súa conta de socio. Por cada 5€ acumulados na conta de socios emitirase un vale para consumir en posteriores compras.
o Descontos directos polas compras feitas: Os socios recibirán o 5% do importe das compras realizadas en música, cine, merchandising, libros, consolas, software e videoxogos, de forma directa no momento da compra (incluíndo as ofertas).
o Posibilidade de financiar as compras a través da “Visa Fnac”: Esta tarxeta é gratuíta tanto en apertura como en mantemento. Obtén unha liña de crédito de 600 ata 3.000 euros e todas as compras que se fagan fora da Fnac sumarán un 0,5% na conta do socio. Ademais ofrece as seguintes facilidades de pago:
§ 6 cotas sen intereses por unha compra mínima de 150 euros. (Esta financiación ten un 3% de gastos de tramitación).
§ 3 meses sen intereses por compras mínimas de 108 euros.
§ Podes elixir os meses cun mínimo de interés:
· 5/5 financia en 5 meses con 5% de intereses.
· 8/10 financia en 10 meses con 8% de intereses.
§ Pequenas cotas para que resulta máis doado a compra: ata 60 meses dende 30 euros ao mes. (Ten un interese do 1.65% mensual)
§ Os académicos tamén poderán desfrutar de financiamento especial segundo a campaña vixente.
A concesión da tarxeta suxeita á aprobación da entidade financeira colaboradora.
o Servizos exclusivos: Reserva telefónica de entradas para espectáculos e parking gratuíto por compra mínima de 18€.
o Ocio e cultura: posibilidade de conseguir invitacións exclusivas para eventos culturais: estreas de cine ou teatro, concertos, etc. Ademais, periodicamente, recibirán propostas de ocio e cultura.
o Establecementos asociados: Fnac conta con máis de 300 establecementos asociados ao “Club Fnac” e en todos eles terá vantaxes por ser socio da Fnac (www.partnersfnac.com)
Contacto: Patricia Gorgojo
981 215 046
§ Ocho y Medio (Madrid). Librería especializada en cine. Os socios obterán un desconto do 5% en todo o material que merquen en tenda.
Contacto: Carlos
915 590 628
o Publicacións:
§ Revista “Scifiworld”. Revista galega de ciencia ficción. Os socios teñen un pequeno desconto na subscrición anual. Para poder acollerse a dito desconto os socios terán que subscribirse no link http://scifiworld.es/ficha.php?seccion=2&cat=0&id=44 .
Contacto: María Porto
981 530 200
– SAÚDE E BELEZA:
o Axis Centro de Fisioterapia y Estética (A Coruña). Desconto do 20% nas tarifas dos disintos servizo e tratamento. Ademais ofrece descontos especiais ao longo do ano, pero neste caso non se aplica o desconto inicial do 20%.
Contacto:
Myriam Ulla
Tel: 981 208 329
o Complejo Salud Espagat (Santiago de Compostela). Os socios teñen desconto na súa cota anual, un 10% de desconto nos servizos de beleza e perruquería, promocións corporativas especiais e talonarios con bonos regalos de acceso ao spa.
o Cosméticos de la Rosa (Galicia). Os académicos que acudan a calquera das tendas que teñen en Galicia e se identifiquen como tal, pasarán a ter a consideración de “cliente profesional” polo que terán acceso a produtos que son 100% profesionais e acollerse a descontos aos que non ten acceso o cliente final.
Contacto:
981 160 055
facebook.com/cosmeticosdelarosa
o Fisiogal Centro de Fisioterapia (Santiago de Compostela).Ofrecen ao socios un desconto do 15% nas tarifas dos tratamentos fisioterapéuticos, excepto na primeira consulta – diagnóstico. Os tratamentos poderanse realizar en calquera dos dous locais da empresa.
Contacto:
Tel: 981 597 766
o Salón de Beleza Iki (A Coruña). Iki é un centro de coidado de máns, pes e rostro. Un espazo deseñado para proporcionar benestar físico e relax emocional que ofrece tratamentos 100% naturais con técnicas asiáticas e produtos naturais da máis alta calidade.
Os académicos terán un desconto do 10% nas súas tarifas dos tratamentos de manicura, pedicura e faciais. Nos 10 días previos á gala, este desconto incrementarase ata un 15%. Os nomeados aos MM poderán desfrutar de tratamentos faciais, manicura e pedicura gratuíta para acudir á gala.
Contacto: Victoria Santos
Directora
981 913 052
– OUTROS ESTABLECEMENTOS:
o Tendas Foto Artús (A Coruña). Os académicos beneficiaranse dun desconto xeral en todo o material que merquen. Ademais, os que así o desexen, recibirán no seu mail información sobre cursos, presentación de produtos, etc que habitualmente organiza a tenda.
Os socios teñen que preguntar por José María e presentar o seu carné no momento de mercar.
Contacto: José María
981900226
o Audiovisuales MCN (Santiago de Compostela). Empresa adicada ao aluguer e montaxe de equipos audiovisuais, deseño e xestión. Tamén ofrece servizos íntegros para congresos, feiras e reunións. Ofrecen aos académicos as seguintes vantaxes:
§ Descontos entre o 25 e 30% segundo os casos en tódolos equipos audiovisuais, segundo o traballo sexa dentro da provincia da Coruña ou fóra dela, en todos os equipos audiovisuais.
§ Os eventos realizados en fin de semana ou festivos non sufrirán ningún incremento nos prezos.
§ Non se cobrarán desprazamentos, montaxes nin desmontaxes.
Contacto: Fran Besada
Comercial
678 437 622
comercial@audiovisualesmcn.com
IMPORTANTE: Para que os académicos poidan desfrutar dos descontos aquí indicados é imprescindible que se identifiquen como membros da Academia Galega do Audiovisual polo que lles poderá ser solicitado o carné de socio.
Para calquera dúbida os académicos podedes, ben contactar coa Academia (981 227 701 // 981 208 393 ou gerencia@academiagalegadoaudiovisual.gal) ou ben coas persoas indicadas de cada establecemento.