Os premiados dos Gaudí no CGAI

23 / 05 / 2016

Cinco proxeccións con seis títulos protagonizarán a semana que a Academia Galega do Audiovisual,  del Cinema Català e o Centro Galego das Artes da Imaxe dedican a dar a coñecer en Galicia as obras premiadas nos premios Gaudí que anualmente organiza a institución catalana. As cinco proxeccións permitirán coñecer aos espectadores todos os traballos premiados nas distintas categorías.

As proxeccións realizaranse entre os días 25 e 28 de maio en cinco pases que ofrecerán as obras gañadoras nas categorías de Mellor longametraxe, Mellor longametraxe en lingua non catalana, Mellor curtametraxe, Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor película para televisión.

prueba3

Pases

Maio 25, 18.00h, El adiós (curta) + 13 dies d’octubre
Maio 25, 20.30h, El camí més llarg per tornar a casa
Maio 26, 18.00h, Game Over 
Maio 26, 20.30h, Truman
Maio 28, 18.00h, Atrapa la bandera

Categoría: Novas
Etiquetas: