OS NOMINADOS ÓS PREMIOS MESTRE MATEO CELEBRAN A TRADICIONAL FESTA DOS NOMINADOS O XOVES NA CORUÑA

7 / 03 / 2006

A Academia Galega do Audiovisual celebra o vindeiro xoves día 9, ás 21:00 hs, a súa tradicional Festa dos Nominados ós Premios Mestre Mateo 05, evento que sempre precede á Gala de Entrega dos Premios, que este ano terá lugar o domingo 19 de marzo. Esta Festa, á que acudirán os socios e socias da Academia, os Profesionais e empresas Produtoras nominadas, así coma diversos representantes institucionais como a conselleira de Cultura Ánxela Bugallo, o Secretario Xeral de Comunicación Fernando Salgado, ou o Director Xeral de Comunicación Audiovisual Manuel José Fernández Iglesias, celebrarase na sala Theatre emprazada na coruñesa rúa Rei Abdulah nº 13, próxima á Praza Mestre Mateo.
OS NOMINADOS ÓS PREMIOS MESTRE MATEO CELEBRAN A TRADICIONAL FESTA DOS NOMINADOS O XOVES NA CORUÑA

Ademais das Produtoras e Profesionais nominados, asistirán diversos representantes institucionais

A.G.A., martes 7 marzo 2006.- A Academia Galega do Audiovisual celebra o vindeiro xoves día 9, ás 21:00 hs, a súa tradicional Festa dos Nominados ós Premios Mestre Mateo 05, evento que sempre precede á Gala de Entrega dos Premios, que este ano terá lugar o domingo 19 de marzo. Esta Festa, á que acudirán os socios e socias da Academia, os Profesionais e empresas Produtoras nominadas, así coma diversos representantes institucionais como a conselleira de Cultura Ánxela Bugallo, o Secretario Xeral de Comunicación Fernando Salgado, ou o Director Xeral de Comunicación Audiovisual Manuel José Fernández Iglesias, celebrarase na sala Theatre emprazada na coruñesa rúa Rei Abdulah nº 13, próxima á Praza Mestre Mateo.

A finais do pasado mes de febreiro, a Academia deu a coñecer os finalistas de cada unha das 25 categorías establecidas nas Bases dos Premios Mestre Mateo 05 que optan á estatuíña que se entregará o 19 de Marzo na Coruña, no decurso da Gala de Entrega dos Premios, e que será retransmitida en rigoroso directo pola TVG.

O número de Produtoras presentadas este ano ós Premios foi de 37, e o de producións ascendeu a 93, mentres que foron 95 os profesionais que optaron a seren nominados nesta votación.

Ó día seguinte da Festa, o 10 de marzo, rematará o prazo da segunda e derradeira rolda de votacións dos socios e socias da Academia, e os resultados coñecerémolos no decurso da Gala de Entrega dos Premios MM 05.

Etiquetas: