Os directores de cine que conformaron a mesa redonda sobre a “Identidade Cultural” –celebrada dentro do Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural” na Coruña-, amosáronse inequivocamente en ontra da “colonización do cine e do audiovisual en xeral, que provén de Norteamérica, e evita o desenvolvemento e incluso a proxección de futuro do noso cine, e xa non só do español, senón tamén do europeo en xeral”. Os integrantes da mesa, Manuel Esteban, Santiago San Miguel, Xavier Villaverde, Manolo Abad –moderador-, Carlos Amil e Gonzalo Tapia, afondaron na diferencia que existe entre o que é a “diversidade cultural” e a “excepción cultural”. Así o explicou o Director de Ccine e Presidente da ADIRCE –Asociación de Directores e Realizadores de Cine de España-, quen aclarou que “a diversidade cultural é unha realidade que xa existe de por si dentro incluso de cada país, e por suposto, dentro de Europa, e a diversidade non necesita normas; o que si temos que preservar e salvar é precisamente esa diversidade cultural, e para iso, é para o que defendémo-la ‘excepción cultural’, porque esta si ten sentido en canto a norma”. Santiago Sanmiguel: “Igual que existe Literatura no sistema educativo, os nenos deberían aprender tamén a linguaxe da imaxe”
A Coruña, 22 abril 2004.- Os directores de cine que conformaron a mesa redonda sobre a “Identidade Cultural” –celebrada dentro do Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural” na Coruña-, amosáronse inequivocamente en ontra da “colonización do cine e do audiovisual en xeral, que provén de Norteamérica, e evita o desenvolvemento e incluso a proxección de futuro do noso cine, e xa non só do español, senón tamén do europeo en xeral”. Os integrantes da mesa, Manuel Esteban, Santiago San Miguel, Xavier Villaverde, Manolo Abad –moderador-, Carlos Amil e Gonzalo Tapia, afondaron na diferencia que existe entre o que é a “diversidade cultural” e a “excepción cultural”. Así o explicou o Director de Ccine e Presidente da ADIRCE –Asociación de Directores e Realizadores de Cine de España-, quen aclarou que “a diversidade cultural é unha realidade que xa existe de por si dentro incluso de cada país, e por suposto, dentro de Europa, e a diversidade non necesita normas; o que si temos que preservar e salvar é precisamente esa diversidade cultural, e para iso, é para o que defendémo-la ‘excepción cultural’, porque esta si ten sentido en canto a norma”.
Refiríuse con isto á necesidade de protexe-la identidade cultural no cine e o audiovisual en xeral, a través dunha serie de normas que regulamenten o entramado que se da na globalización actual, na liberalización dos productos, na liberdade de comercio. “Non se pode permitir que calquera productor de calquera país estranxeiro –refiríndose ós norteamericanos- que queira beneficiarse das axudas do país onde distribúe a súa película, o sega a facer. Iso é colonización, e esa colonización remata coa nosa cultura cinematográfica, audiovisual. “Hai que normaliza-la excepción, porque, precisamente, o obxectivo é preserva-la diversidade cultural”; con esta frase sintetizaba San Miguel a súa intervención, que foi compartida en cunto ó seu contido polos demais relatores.
Manuel Esteba, Director de Cine e Presidente do Col-Egi de Directors de Catalunya, aportou na súa intervención as explicacións económicas, asegurando que “nisto da Excepción Cultural entra Facenda, entra Solbes, e el vai dicir que non, porque para iso están os Ministros de Facenda; tamén entra a Ministra de Cultura, pero quen ten que decidir o si ou o non á defensa da excepción cultural, é o Gobierno, é Zapatero directamente, con todo o seu Gobierno, e afortunadamente, alomenos de entrada, aceptan o tema; veremos se a práctica o demostra”. Insistíu na necesidade de prima-la creación, ós guionistas e directores, porque son a base do cine e do audiovisual, e “non precisamente a base de subvencións, porque estas poden ser perversas, senón buscando fórmulas racionais e mecanismos que propicien ese apoio real”. Puxo o ejemplo das subvencións en Catalunya co Gobierno autonómico de CiU, “e alí, ata hai un par de anos, daban 1.000 millóns de pesetas de subvencións para 10 películas de televisión; de súpeto, decidiron non subvencionar só a esas 10, senón a 40… pero mantendo os 1.000 millóns de pesetas, e isto é o impresentable”.
Xavier Villaverde, falou da dobre dimensión do cine: como arte e como industria, pero “a creatividade é precisamente a que fai avanzar esta industria, e buscando o equilibrio entre ámbalas… a balanza inclinouse máis á industria, e isto é unha triste realidade”. Asegurou tamén que neste proceso, interviñeron decididamente os medios de comunicación, porque “falar agora de facer unha película de calidade é case unha idea vella, antiga, porque só se lle concede creto á película se xera moita taquilla”, dixo. Comentou tamén o feito de que as televisións están copadas por produccións norteamericanas, “e estas non son precisamente as que fan evoluciona-lo cine. Evoluciónase a base de risco, de crer no que se fai e de atopar productores que realmente amen o cine, que diso queda pouco”, unha afirmación esta compartida tamén por outros directores presentes, que asumiron que ante o escaso 8% de cota de mercado que ten o cine español, é recomendable consumi-la nosa cultura cinematográfica, a nosa identidade cultural”.
O director Javier Aguirre, secretario de Adirce, declarou con rotundidade que se o 2005 é a data na que saberemos se a Lei de Excepción Cultural vai adiante ou non, como non se acepte, entón o que saberemos é que o cine español, e o europeo tamén, desaparecerán radicalmente a prol do cine norteamericano. “Porque os productores de alá non se conforman con te-lo 80 % de la cota do noso mercado, senón que queren o 100%. Se non se pode axudar economicamente a unha película galega, catalana, española, ou de calquera parte de Europa, entón…desaparecerá o noso cine”.
O director galego Carlos Amil, presidente de “Crea” (Directores e Realizadores Asociados de Galicia), ademais de recalca-la importancia de que tanto os profesionais do sector, como todo o ámbito cultural galego, como a sociedade en xeral se impliquen na defensa do noso cine, afirmou que “hai que desmitificar tamén iso das subvencións, porque hai xente que cre que co diñeiro dunha subvención fas unha película, e para nada; só é unha pequena parte dela”. Foi Carlos Amil quen a través dun soño recente, manifestou o paralelismo diverxente entre a política económica, o proteccionismo, que se practica cos medios de comunicación, e o que se fai co cine e o audiovisual. “Se do mesmo xeito que os gobernos subvencionan ós MM.CC. mercando incluso milleiros de exemplares, poderían subvenciona-lo cine mercando milleiros de entradas para que a xente acoda a el”. No seu soño, tamén a prensa galega e española era absorbida pola norteamericana.
Por último, o director asturiano Gonzalo Tapia, vicepresidente de Arda –Asociación de Realizadores de Asturias- pronunciouse a favor do “cine artesán”, porque é o que aporta calidade e fai historia no cine. Falou, cómo non, da industria da dobraxe “que vive precisamente das películas norteamericanas”. Coincidiron todos en suliñar que a industria audiovisual norteamericana non entra no teatro ou na música ou na literatura española ou das distintas nacionalidades, “porque nestes sectores, non se admite a dobraxe”. O rexeitamento á dobraxe, foi tamén unánime.
O debate estivo animado, e afondou máis tanto nas causas que orixinan a situación, como nas solucións. E a excepción cultural, é unha das solucións para mante-la diversidade cultural.