O Consorcio Audiovisual de Galicia e a produtora Mr Misto Films están a organizar a través do programa Au2008 unha serie de cursos de televisión onde os alumnos dos colexios teñen a posibilidade de preparar e organizar os seus propios programas de televisión.
O obxectivo destes cursos é a gravación de diferentes tipos de programas, dende informativos, debates ou magazines ata concursos ou programas musicais.
O plan de traballo divídese en 2 xornadas. Na primeira clase, de tipo teórica explícase como funciona a televisión e que material se utilíza para poder gravar un programa. Mediante exemplos reais da televisión explícase o funcionamento dos equipos e a forma que teñen as televisións actuais de gravar diferentes tipos de programas.
A partir de aí, e divididos en equipos de traballo realizan toda a preproducción dun programa de televisión: decorados, vtrs, cabeceiras…
No segundo día lévase a cabo a realización do programa. Móntase un
control de realización e cada alumno ten un posto fundamental para
o desenvolvemento da actividade.
A semana pasada o colexio IES Porto do Son realizou a gravación dun programa ao estilo “Tu si que vales” e o IES Ponte Caldelas gravou un magazíne con entrevistas e noticias sobre o instituto.
Esta semana os cursos impartiranse no CPI Manuel Villar Paramá (A Estrada), CEIP Eladia Mariño ( Cabanas/ A Coruña) e no CEIP Eugenio López ( Cee/ A Coruña).