OS ALUMNOS DO IES IMAXE E SON DA CORUÑA PRESENTAN O “I FESTIVAL MÚSICA HARTISTA”

2 / 01 / 2009

Os alumnos do IES Imaxe e Son, dependente da Consellería de Educación, presentan o vindeiro venres 23 o “I Festival Música Hartista” dentro das actividades do Ciclo Superior de Son. “Música Hartista” pretende ser unha mostra dos diferentes estilos musicais que se están a facer en Galicia protagonizada por xente nova chegados de diferentes puntos da xeografía galega: Reagge, ska, jazz, hardcore….
Aínda que a responsabilidade da sonorización corre a cargo dos alumnos do Ciclo de Son, o festival reúne a xente dos 4 Ciclos Superiores que se imparten na escola: Realización, Produción, Imaxe e Son. “Música Hartista” xunta por primeira vez a: THE, Dj Jonathan, Chotokoen, David Taboada e Swap It All.

A cita é no Salón de Actos da EIS (Someso nº6) dende as 17:30 ás 22:20 horas. A entrada é de balde.

Para calquera consulta: 627 790 697.

Categoría: Novas
Etiquetas: