Os vindeiros 6 e 7 de xuño, a Asociación Galega de Guionistas en colaboración da Fundación SGAE organiza un obradoiro sobre Guión de Thriller Cinematográfico con David Muñoz na Sede Fundación SGAE Santiago.
O thriller é un dos xéneros cinematográficos que máis técnica e recursos de escrita exixe por parte do guionista. Desde hai uns anos o cinema español ven producindo thrillers de éxito internacional como “Os outros” (Alejandro Amenábar, 2001), “O orfanato” (J. A. Bayona, 2007) ou a galega “Celda 211” (Daniel Monzón, 2009), por iso é interesante analisar e profundizar nas técnicas de escrita de este xénero a través dun obradoiro de guion, e non só cunha master class ou un seminario.
Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4
Contarase con David Muñoz, guionista de thrillers como “El espinazo del diablo” o “La posesión de Emma Evans”, que impartirá un Obradoiro de Guion de Thriller Cinematográfico os vindeiros 6 e 7 de xuño de 2014 na sede da Fundación SGAE Santiago de Compostela, sendo o venres 6 de 16 a 19h e o sábado 7 de 11 a 14h e 16 a 19h.
Os non socios AGAG teñen dúas tarifas de inscrición:
Tarifa xeral: 50 € si pagas antes do 23 de maio de 2014 e 60 € si pagas despois do 24 de maio de 2014.
Tarifa estudante: 40 € si pagas antes do 23 de maio de 2014 e 50 € si pagas despois do 24 de maio de 2014.
Os socios AGAG teñen un desconto de máis dun 30 % con respecto da tarifa xeral:30 € si pagan antes do 23 de maio e 40 € si pagan despois do 24 de maio.
Toda a info nos arquivos máis abaixo ou nesta ligazón de facebook https://www.facebook.com/notes/agag-asociaci%C3%B3n-galega-de-guionistas-screenwriters-guild-of-galicia/obradoiro-de-guion-de-thriller-cinematogr%C3%A1fico/691945760866326