Os días 25 e 26 de febreiro e 3 e 4 de marzo terá lugar de 10.30 a 12.30 o obradoiro organizapo por Latuerka 27 “O Corpo Danza”, impartido por Manuela Barreiro.
O obxectivo principal que plantexa o curso é un achegamento á danza como un medio de aprendizaxe e investigación, sobre as posiblidades expresivas do corporal, traballando dende a base dun movemento orgánico e a escoita, tanto do noso corpo como do corpo do outro.
Traballaranse aspectos como a respiración, aprenderase a coñecer como funciona o corpo para ser conscientes de tódalas súas posiblidades expresivas e a responder a estímulos externos, ritmos, silencios. Tamén o control deste no espazo, así como a forma expresiva do emocional. A través de elementos externos como textos e obxectos, potenciaremos a memoria coreográfica necesaria para construír unha historia, aprendendo a escoltar o propio corpo e o dos demais.
O curso vai dirixido a calquera persoa que queira iniciarse ou investigar sobre un traballo físico creativo, e na libre expresión do emocional a través do movemento e da danza.
Manuela Barreiro é bailarina e historiadora da arte. Traballou baixo a dirección de José Luís arellano (Centro Dramático Nacional) e actualmente, forma parte da compañía de danza contemporánea “Losdedae” dirixida polo premio Nacional de Danza Chevi Muraday.
Máis información e programa completo en info@latuerka27.com