Marta Doviro presenta O Recibidor dos Mestre, un programa en directo con entrevistas a finalistas e convidados

8 / 04 / 2021

O sábado 10 de abril, a partir das 17:00 horas, as redes sociais da Academia emitirán en directo O Recibidor dos Mestre, un programa previo á Gala presentado por Marta Doviro. Nunha Gala que parte da premisa “glamour na casa” o recibidor a será a antesala do espectáculo, e por el desfilarán as e os finalistas da presente edición, así como o resto de convidados. 

Nunha edición na que a Academia realizou unha importante aposta visibilizacion do talento e dos traballos das  distintas profesións que conforman o audiovisual, coa emisión de contidos en streaming. Por unha banda, coas #ConversasCandelasMestreMateo cos e coas finalistas, moderadas por representantes das asociacións profesionais. Por outra, cos coloquios #Diarioderodaxe, nos que María Mera conversou cos equipos das catro películas finalistas na categoría de Mellor Longametraxe. O Recibidor dos Mestre permitirá un achegamento divertido e informal ás persoas que asistan á Gala dos premios, a través do YouTube e a canle de Facebook Live da Academia. 

Coa celebración dunha Gala presencial, a Academia quere reivindicar a seguridade dos eventos culturais, aplicando estritamente as directrices establecidas polas autoridades. O programa realizarase tendo en conta os protocolos que esixe a situación sanitaria. 

A Academia Galega do Audiovisual organiza os Premios Mestre Mateo grazas ao apoio das seguintes institucións: Concello da Coruña, Deputación da Coruña, a Axencia Galega das Industrias Culturais-AGADIC da Consellería de Cultura e CRTVG.

Etiquetas: