Este ano celébrase a primeira edición do Festival de Cine Europeo “Vinos de La Mancha” que terá lugar en La Solana, en Ciudad Real. Tras a decisión do xurado, “O neno de barro” foi nomeada como a mellor longametraxe europea polo que recibirá un premio de 6000 euros en metálico e unha bandexa conmemorativa.
A gala terá lugar o 5 de xullo ás 9 da noite e o director de fotografía de “O neno de barro”, Suso Bello, será o encargado de recoller devandito premio.