O MÉRCORES 9 DE MAIO CELÉBRASE NO COLÓN CAIXA GALICIA A GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS MESTRE MATEO 06

6 / 05 / 2007

O Colón Caixa Galicia de A Coruña acolle o mércores día 9 ás 21:30 hs a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06, que será retransmitida pola TVG. Os seus presentadores, Manuel Manquiña e Antonio Durán (Morris), os músicos da Banda The Ellas, os e as artistas encargad@s de entregar os distintos premios, e diversas persoas famosas no mundo do audiovisual, conforman o eixe vertebrador do espectáculo desta nova edición dos Premios, é a que maior número de producións se levan presentado para optar a cada unha das 25 estatuíñas que conforman as categorías dos Premios: 125 traballos e 63 Produtoras.
O MÉRCORES 9 DE MAIO CELÉBRASE NO COLÓN CAIXA GALICIA A GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS MESTRE MATEO 06

Manquiña e Morris, os presentadores. Entre o cadro artístico, Luís Tosar, Farruco, Xosé Ramón Gayoso, Paula Carballeira e Iolanda Muíños. A Banda The Ellas, dá a nota

Santiago, Domingo 6 maio 2007

O Colón Caixa Galicia de A Coruña acolle o mércores día 9 ás 21:30 hs a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06, que será retransmitida pola TVG. Os seus presentadores, Manuel Manquiña e Antonio Durán (Morris), os músicos da Banda The Ellas, os e as artistas encargad@s de entregar os distintos premios, e diversas persoas famosas no mundo do audiovisual, conforman o eixe vertebrador do espectáculo desta nova edición dos Premios, é a que maior número de producións se levan presentado para optar a cada unha das 25 estatuíñas que conforman as categorías dos Premios: 125 traballos e 63 Produtoras.

Artistas da escea e profesionais da música protagonizarán o acto que se concebe por parte do equipo de guionistas, Andrés Mahía e Xosé Castro, áxil, dinámico, entretido e, sobre todo, con humor, con moito humor. Artistas da talla de Luís Tosar, de Paula Carballeira, Isabel Risco, Xosé Ramón Gayoso, Iolanda Muíños, Isabel Blanco, José Manuel Rodríguez –Isi-, Xosé Luís Bernal –Farruco-, e outros actores e actrices, presentadores e presentadoras da Tv, forman parte do equipo artístico encargado de escenificar e dar vida ó guión. Mofa e Befa, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, estarán tamén entre o elenco artístico, ademais doutras sorpresas que non se descubren antes da Gala… porque deixarían de ser sorpresa.

Son 25 as categorías nas que se dividen os Mestre Mateo, e ás que optan os finalistas. Os traballos audiovisuais e ós/ás profesionais gañadores/as, coñecerémolos en vivo e en directo. Tan só se coñece xa o Premio de Honra Fernando Rey que outorga a Xunta Directiva da Academia: o realizador Pedro Amalio López, quen polos seus valores profesionais e o importante papel que desenvolveu tanto na TVG nos seus comezos como entre os profesionais do audiovisual –tv- en Galicia, foron razóns máis que suficientes para a decisión desta concesión. Pedro Amalio supuxo no seu momento un auténtico descubrimento para os profesionais do audiovisual galego, descubrimento que hoxe recobra sentido ó ser recoñecido e distinguido con este galardón. Será a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, quen fará entrega do Premio na Gala do día 9 de maio.

Este ano, a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06 que organiza a A.G.A., está patrocinada por parte da Xunta de Galicia, pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e as Consellerías de Cultura e Deportes e a de Innovación e Industria, ademais da Fundación Caixa Galicia e a Televisión de Galicia.

En calidade de Colaboradores están a Fundación Aisge, a Fundación Autor, a SGAE e a empresa Spica, ademais das colaboracións de empresas privadas galegas, feito este que demostra que o tecido empresarial galego vai adquirindo un certo grao de compromiso coa industria cultural e coas actividades culturais do país, como é o caso desta Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06.

Ó evento asistirán diversas autoridades institucionais, tanto locais como provinciais e autonómicas, así como tódalas Asociacións dos distintos sectores profesionais que integran o audiovisual galego, e múltiples Medios e profesionais da Comunicación en Galicia.

Este ano, por primeira vez na traxectoria dos Premios Mestre Mateo, a Xunta Directiva da Academia ven de levarse a cabo un Circuíto de promoción por boa parte do noso país, que implicou a proxección da meirande parte dos traballos audiovisuais que quedaron finalistas. Este Circuíto, coordinado pola distribuidora Mr Misto Films e patrocinado pola Consellería de Cultura e Deportes, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual –da Secretaría Xeral de Comunicación- e a Fundación Caixa Galicia, recibíu o nome de Semana do Audiovisual Galego, unha iniciativa que complementou á vez que consolidou e deu a coñecer a implantación do evento máis importante do sector no país e a súa divulgación na sociedade galega: os Premios Mestre Mateo 06

PEDRO AMALIO LÓPEZ

Premio de Honra FERNANDO REY da Academia Galega do Audiovisual

A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual, acordou por unanimidade conceder este ano o Premio de Honra Fernando Rey ó conxunto da súa traxectoria, a Pedro Amalio López, polo seu labor a prol do desenvolvemento dunha televisión feita totalmente en galego, e pola súa guía pedagóxica e profesional que aínda alumea en moitos profesioanis do audiovisual en Galicia.

Pedro Amalio López foi o primeiro Xefe de Realización da TVG, participando tamén na realización da primeira emisión desta canle o 24 de xullo de 1985. Na TVG foi realizador de Programas, pero sobre todo, foi un mestre para moitos dos que daquela, aprenderon con el televisión, e un gran guía cun impecable sentido da coherencia e da linguaxe audiovisual. Non só pretendía que os seus equipos realizasen os seus programas con acerto, senón que inculcaba a idea de que tódolos programas de televisión se facían para ser vistos por espectadores, incidindo sempre no respecto ás rutinas clásicas de cómo contar as cousas pensando sempre na audiencia, que era a destinataria última dos produtos audiovisuais.

E logo da TVG…

Despois da súa etapa en TVG, foi director de produción de TVE e logo, director adxunto de programas de TVE en 1987. A comezos dos anos 90 encargouse da coordinación de telecomedias como Habitación 503 ou Aquí no paga nadie.

Antes de todo isto, participou como realizador na primeira emisión oficial de televisión en España, feita por Televisión Española o 28 de outubro de 1956, onde se encargou de dirección de programas dende as instalacións do Paseo da Habana. Dende entón Pedro Amalio centrouse na realización e adaptación de espazos dramáticos para televisión: foron os famosos Estudio 1 dos anos 60 e 70, adaptacións nas que foi o primeiro realizador en España en utilizar decorados circulares, unidades móbiles para as gravacións de dramáticos en exteriores e un longo etcétera de logros técnicos e artísticos que o levou a ser considerado así mesmo como un gran director de actores. Así, por exemplo, na tempada 1961/62 asumiu a realización da serie de Adolfo Marsillach titulada Silencio…se rueda. Durante estes anos realizou obras como Dulcinea, Edén término, El viaje sin equipaje, Peribáñez, El perro del hortelano, La venganza de Don Mendo, Rinoceronte, Carlota… En 1965 obtivo unha enorme repercusión profesional co seu traballo de realización en Las brujas de Salem, con Gemma Cuervo, e a montaxe de Julio César, coa que por primeira vez nun espazo destas características sacou as cámaras á rúa.

Foi galardoado en 1967 coa Placa do ouro do Festival de Berlín -o primeiro premio internacional obtido na súa historia por TVE- pola obra Un mundo sin luz.

Con Jaime de Armiñán realizou a serie Las doce caras de Juan. En 1970 logra un éxito enorme dentro do programa Novela ca súa realización de El Conde de Montectristo, con Pepe Martín como protagonista. Un ano máis tarde aborda Los tres mosqueteros e La muerte de un viajante. La saga dos Rius sería un dos seus traballos mais sobranceiros dos anos 70.

Por este labor continuado a prol dos dramáticos en televisión, a Academia Española de las Artes y las Ciencias de la Televisión de España concedeulle, na súa primeira edición de galardóns en 1998, o premio Premio a Toda una Vida.

A súa constancia ó longo de 50 anos, a súa coherencia profesional e persoal, a valía humana e o seu traballo na posta en marcha da TVG, fan merecedor a Pedro Amalio López do Premio de Honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual.

FINALISTAS DOS PREMIOS MESTRE MATEO 06

MELLOR LONGAMETRAXE

DE BARES, de Voz Audiovisual S.A. e Matriuska Producciones S.L.
DE PROFUNDIS, de Continental, Desembarco Producións e Zeppelin Filmes
MIA SARAH, de Formato Producciones S.L.
UN FRANCO, 14 PESETAS, de Adivina Producciones e Drive Cine

PELÍCULA TV

A BIBLIOTECA DA IGUANA, de Ficción Producciones
LA ATLÁNTIDA, de Formato Producciones S.L.
OMAR MARTÍNEZ, de Adivina Producciones, Nadie es Perfecto e Just Films
O PARTIDO, de Vaca Films Studio S.L.

PROGRAMA TV

A CASA DE 1906, de Filmanova S.L. e Continental Producciones
ALALÁ, de Televisión de Galicia
ONDA CURTA, de Televisión de Galicia
PLANETA CINE, de Televisión de Galicia

SERIE TV

25 ANOS DE AUTONOMÍA, do Centro Territorial de TVE en Galicia
A VIDA POR DIANTE, de Voz Audiovisual S.A.
LIBRO DE FAMILIA, de Editorial Compostela S.A.
PEPE O INGLÉS, de CTV S.A.

DOCUMENTAL

2050, de TV Siete
A DEDO. HISTORIAS DE AUTOSTOPISTAS, de Directo Producciones
LABREGOS DO MAR, de Producións Zopilote S.L. e Alén Filmes e TVG
LINATAKALAM, de Ibisa Tv S.L.
LUME E FUME, de Bren Entertainment S.A.
O BARCO DA MEMORIA, de Servicios Audiovisuais Galegos Saga tv

PRODUCIÓN INTERACTIVA

WWW.ACASADE1906.COM de Continental Producciones S.L., Filmanova S.L. e Diego Delgado
CATÁLOGO DE REALIZADORES 2006, de A Fraga Maldita
WWW.DEPROFUNDISLAPELICULA.COM, de Interacción e Continental
WWW.ROSALIADECASTRO.ORG, de Desoños S.L.

PRODUCIÓN DE PUBLICIDADE

CABREIROÁ, A AUGA DA TERRA DA AUGA, de Continental e Cabreiroá
GALICIA CALIDADE, de I.A.C.E. (Lúa Films)
HESPERIA GRAN HOTEL LA TOJA, de Pórtico de Comunicaciones S.L.
LAS NOTICIAS DEL GUIÑOL, de Algarabía Animación
UN CAMIÑO DE ESTRELAS, UNHA CIDADE DE CINE, de Ficción Producciones e Incolsa

CURTAMETRAXE DE FICCIÓN

BECHOS RAROS, de Ficción Producciones e Incolsa
BOS DÍAS, de Danuel de la Torre Alvaredo
CICATRICES, de Mr Misto Films
S.O.S, de Antonio Mourelos

CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN

A BRUXA CATUXA, de Grándola Nova
A PROMESA, de Plan Audiovisual Concello de Boiro
O LADRÓN DE BONECAS, de Matriuska Producciones S.L.
O GLOBO ANIMADO, de Producións Zopilote S.L.

DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN

ANA MÍGUEZ, por A VIDA POR DIANTE
CARLOS AMOEDO, por A CASA DE 1906
JESÚS ALONSO, por UN FRANCO, 14 PESETAS
PABLO ATIENZA e ÁLVARO RON, por MÍA SARAH

DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA

ALBERTO GOITIA, por A BIBLIOTECA DA IGUANA
MIGUELANXO PRADO, por DE PROFUNDIS
RICKY MORGADE, por O PARTIDO
TOTE TRENAS, por UN FRANCO, 14 PESETAS

MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA

ANA MUÍÑO, MARIAN SÁNCHEZ, FANI MOSQUEIRA E LORENA CLAVO, por LIBRO DE FAMILIA
RAQUEL FIDALGO, por DÍAS AZUIS
RAQUEL FIDALGO e ELENA GOTTIG, por DE BARES
SARA MÁRQUEZ e ÓSCAR ARAMBURU, por UN FRANCO, 14 PESETAS

DESEÑO DE VESTIARIO

ANA LÓPEZ, por A CASA DE 1906
JOSÉ MARÍA DE COSSÍO e PUY UCHE, por UN FRANCO, 14 PESETAS
MARÍA FANDIÑO, por LIBRO DE FAMILIA
MARGARET WATTY, por MIA SARAH
MARTA ANTA, por DÍAS AZUIS

DIRECCIÓN ARTÍSTICA

CURRU GARABAL, por MIA SARAH
ENRIQUE FAYANÁS, por UN FRANCO, 14 PESETAS
MARTA VILLAR, por A CASA DE 1906
MIGUELANXO PRADO, por DE PROFUNDIS

MONTAXE

JULIA JUANATEY e MARISOL TORREIRO, por A VIDA POR DIANTE
LUISMA DEL VALLE, por UN FRANCO, 14 PESETAS
MARIO IGLESIAS, por DE BARES
MIGUELANXO PRADO, por DE PROFUNDIS
TOÑO LÓPEZ, por A CASA DE 1906

SON

CARLOS MOURIÑO e PABLO BEADE, por MIA SARAH
FRAN ARCAY, ALFONSO COUCEIRO e VÍCTOR SEIXO, por A VIDA POR DIANTE
NANI GARCÍA e JAVIER FERREIRO, por DE PROFUNDIS
CLAUDIO CANEDO e MARTIÑO LOIS , por A CASA DE 1906

GUIÓN

CARLOS IGLESIAS, por UN FRANCO, 14 PESETAS
MARIO IGLESIAS, por DE BARES
MIGUELANXO PRADO, por DE PROFUNDIS
XOSÉ MORAIS e SONIA BARROS, por A CASA DE 1906

BANDA SONORA

MARIO DE BENITO, por UN FRANCO, 14 PESETAS
MILLADOIRO, PABLO MILANÉS e MIGUEL NÚÑEZ, por SEMPRE HABANA
NANI GARCÍA, por DE PROFUNDIS
PITI SANZ, por PEPE O INGLÉS
SERGIO MOURE e STEPHEN WARBECK, por CARGO

DIRECCIÓN

CARLOS IGLESIAS, por UN FRANCO, 14 PESETAS
MARIO IGLESIAS, por DE BARES
MIGUELANXO PRADO, por DE PROFUNDIS
SONIA BARROS, por A CASA DE 1906

REALIZACIÓN

BEATRIZ DEL MONTE, por A CASA DE 1906
CARLOS SEDES e MANUEL A. ESPIÑEIRA, por A VIDA POR DIANTE
RUBÉN GARCÍA-LOUREDA DÍAZ, por HAI DEBATE
SENÉN BERNÁRDEZ, por ALALÁ

COMUNICADOR TV

MANOLO ROMÓN, por LIBRO ABERTO
MAYTE CABEZAS AMIGO, por A REVISTA FIN DE SEMANA
PACO LODEIRO, por CIFRAS E LETRAS
PILAR GARCÍA REGO, por ALALÁ

INTERP. MASCULINA PROTAGONISTA

CARLOS IGLESIAS, por UN FRANCO, 14 PESETAS
DANIEL BRÜHL, por CARGO
EVARISTO CALVO, por A BIBLIOTECA DA IGUANA
LUIS TOSAR, por CARGO

INTERP. FEMININA PROTAGONISTA

BELÉN CONSTENLA, por A VIDA POR DIANTE
ISABEL BLANCO, por UN FRANCO, 14 PESETAS
MELA CASAL, por A VIDA POR DIANTE
NIEVE DE MEDINA, por UN FRANCO, 14 PESETAS

INTERP. MASCULINA SECUNDARIA

MIGUEL DE LIRA, por UN FRANCO, 14 PESETAS
ANTONIO DURÁN, MORRIS, por O PARTIDO
SANTI PREGO, por DE BARES
VÍCTOR MOSQUEIRA, por A VIDA POR DIANTE

INTERP. FEMININA SECUNDARIA

FELI MANZANO, por UN FRANCO, 14 PESETAS
MARÍA SALGUEIRO, por A VIDA POR DIANTE
MARTA LARRALDE, por DÍAS AZUIS
OLALLA SALGADO, por A VIDA POR DIANTE
ROSA ÁLVAREZ, por DE BARES

Etiquetas: