O ICEX ORGANIZA UNHA MISIÓN COMERCIAL PARA LEVAR PROXECTOS AUDIOVISUAIS A EEUU

21 / 07 / 2009

O ICEX organiza unha convocatoria para a presentación de proxectos audiovisuais para a súa adaptación ao mercado dos Estados Unidos. Esta acción realízase en colaboración coa Oficina Comercial de España en Miami, a axencia de talento William Morris Endeavor e FAPAE.

Os proxectos que poden participar deben reunir unha serie de requisitos que se establecen na convocatoria e tedes de prazo para presentalos ata o vindeiro 30 de setembro. Toda a documentación necesaria deben ser enviados a ICEX á atención de Javier Martínez en Pº Castellana, 14 ; 28046 Madrid.

 

O custo de participación nesta actividade é de 100 euros por proxecto, en concepto de gastos de xestión.

Categoría: Novas
Etiquetas: