O ICEX convoca para o 1 de outubro un encontro entre produtores e axentes de vendas españois con produtores e distribuidores británicos en colaboración co UK Film Council, Tristana Media e FAPAE. Os proxectos candidatos deberán reunir unha serie de requisitos enumerados na convocatoria.
Para todos aqueles que esteades interesados en participar, debedes ter en conta as seguintes datas:
25 de xullo: para facer efectivo o pagamento dunha fianza de 300 euros que será reintegrada ao final do evento.
31 de xullo: para presentar o formulario de solicitude, o de presentación de proxectos e a documentación solicitada na convocatoria. Toda esta documentación debe ser remitida ao ICEX.
Os gastos de aloxamento dunha noite de hotel corren a cargo da institución pública, mentres que o desplazamento irá a cargo das empresas participantes.