O ICEX anuncia a convocatoria do Asia TV Forum (2-4 decembro) e a misión comercial ao Xapón para os días 7 a 9 de decembro, organizados pola entidade en colaboración coas súas Oficinas Económicas e Comerciais de Singapur e Toquio.
Hai varios tipos de participación e cada unha leva asociado un custo distinto:
Tipo I: No Asia TV Forum exclusivamente
Custo: 600€+IVE por persoa
Tipo II: Na misión c om ercial ao Xapón exclusivamente
Custo: 400€+IVE
Participarán un máximo de 10 empresas e o ICEX resérvase o dereito á selección das mesmas segundo criterios obxectivos
Tipo III: No Asia TV Forum e na misión c om ercial ao Xapón conxuntamente
Custo: 1.000€+IVE
O prazo máximo para presentar o formulario de inscrición, a documentación e para realizar o pagamento do custo da participación remata o 15 de setembro. Para participar nestas dúas accións o ICEX proporciona unha bolsa de viaxe:
a) Participación única no Asia TV Forum: 1.380€
b) Participación única na misión comercial ao Xapón: 1.380€
c) Participación en ambas accións: 2.080€
Máis información:
Esther de Prado do ICEX (esther.deprado@icex.es), tel. 91 349 19 88 ou Matina Rey de FAPAE (martinarey@fapae.com), tel. 91 512 16 60