Desde a Academia Galega do Audiovisual estamos preparando un debate centrado nas políticas audiovisuais dentro do marco das Eleccións ao Parlamento de Galicia deste próximo día 12 de xullo co título “O futuro do audiovisual a debate”.
Nel participarán representantes das seguintes formacións: PPdeG, Marea Galeguista, PSdeG, BNG e Galicia en Común-Anova Mareas. O obxectivo é que cada grupo poida presentar as súas propostas en materia de política audiovisual.
O debate será moderado pola actriz Saamira Ganay, membro da xunta directiva e actual secretaria da Academia, terá lugar o día 6 de xullo ás 20:00h. e durará aproximadamente dúas horas. Celebrarase por videoconferencia e poderá seguirse en directo a través das nosas redes sociais.