A película documental, producida por IBISAtv, proxectarase mañá xoves no Centro Cultural Caja España (Dirección: Calle Río Selmo, 12) dentro da sección Punto de Encuentro.
Mañá xoves, as 20:30 horas, terá lugar a estrea da longametraxe documental `Viaxe interior pola provincia do Bierzo´, escrito e dirixido por Valentín Carrera e producido por IBISAtv.
A película é o seguimento audiovisual da aventura que en 2008 realizaron os andarines Valentín Carrera, Anxo Cabada e as nenas Sandra e Alicia Carrera Castaño, recorrendo a “provincia” del Bierzo a pe, a cabalo, en tren, en globo e en balsa, e que ten su relato complementario nun libro de gran formato a todo color de case cincocentas páxinas nas que ofrecésenos unha mirada heterodoxa e divertida sobre O Bierzo do século XXI.
`Viaxe interior pola provincia do Bierzo´ é o froito daquel viaxe e dun ano enteiro de traballo en equipo, para ofrecer o público esta película que constitúe unha auténtica radiografía ecolóxica e humana do Bierzo. Unha longametraxe de 76 minutos de duración, producido por IBISAtv, coa participación de Videomaster e Canal 8 TV Ponferrada, guión e dirección de Valentín Carrera, realización de Yolanda del Campo, e música orixinal de Anxo Graña.
Un mes de rodaxe ao longo e ancho da xeografía berciana, o que se uniron, entre outros, o alcalde de Ponferrada, Carlos López Riesco, José Luis Prada, o poeta Antonio Pereira, o fotógrafo minutero Santi Pajarito, as monxas concepcionistas de Ponferrada, o pintor José Sánchez-Carralero e moitos bercianos anónimos.
A procura do oso, a baixada á mina, o tren do mineiro, a noite templaria en Ponferrada, a baixada do santo en Bembibre, o Val do Silencio, a comuna hippie de Matavenero, son algunhas das etapas que poderemos ver no documental `Viaxe interior pola provincia do Bierzo´.
O documental e o libro constitúen unha novidade editorial que está dispoñible exclusivamente en librerías, centros comerciais e na páxina web www.ibisatv.com.