O DOCUMENTAL ‘OUTONARTE’ PROXECTARASE O SÁBADO 12 DE XUÑO NO CGAI

11 / 06 / 2010

O Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI, (Durán Loriga, 10 Baixo – A Coruña) acolle a proxección do documental ‘Outonarte’, unha obra que mostra a iniciativa Outonarte09 levada a cabo pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, celebrada no mes de outubro de 2009. O pase gratuíto será ás 18:00 horas do sábado 12 de xuño.

A peza audiovisual recolle seis performances e intervencións artísticas urbanas realizadas por Rute Rosas, Jugo & Pellejo, Escoitar.org, Filipa Guimarães,  Familia de Idiotas no tiene TDT e  Mónica Cabo + Con Canto Donaire.

Ademais da presentación, que correrá a cargo de José Luis Ducid e Anxela Caramésxunto con Lochos, David Carballal e Tonecho Otero; contarase coa participación dalgúns dos artistas do Outonarte 09,  como Enrique Lista, Escoitar.org, Jugo & Pellejo, Con Canto Donaire, e coa especial presenza de Familia de idiotas no tiene TDT (FDI).
 

OUTONARTE (España, 2010)
Dirección: GALICIEIRAS -Lochos & Ducid-
Produción: David Carballal para o Concello da Coruña
Fotografía: GALICIEIRAS e David Carballal
Duración: 20 minutos

Categoría: Novas
Etiquetas: