O CLAG E A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO REFORZAN O CLIMA DE COLABORACIÓN NO AUDIOVISUAL

21 / 02 / 2011

Os membros do Comité Xestor do Clúster Audiovisual Galego (CLAG) reuníronse o pasado xoves día 17 de febreiro, co conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, quen tamén estaba acompañado polo directorxerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla, máis o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Juan Carlos Fernández Fasero. Durante o encontro reforzouse o clima de máxima colaboración entre o Clúster e o departamento de Cultura da Xunta de Galicia nuns momentos difíciles para o sector audiovisual galego no actual contexto de crise económica.

Trátase do primeiro contacto que mantén a Xunta Directiva do CLAG co departamento autonómico de Cultura e Turismo nesta nova etapa do organismo intermedio, á fronte da que se atopa o produtor Andrés Barbé, trala súa elección como presidente do Clúster na última Asamblea Extraordinaria, celebrada o pasado 21 de decembro. Acompañárono nesta reunión os tres vicepresidentes: Celestino Hermida, Carlos Carballo e Inmaculada Castaño; o tesoureiro, Orestes García, e a secretaria-xerente, Mar Varela.

Andrés Barbé aproveitou este encontro para presentarlle a Roberto Varela a nova Xunta Directiva do CLAG e manifestarlle a vocación deste organismo coma un “clube de negocios”, distanciándose da concepción do mesmo coma unha terceira asociación do sector. Ademais o presidente do Clúster salientou o papel do CLAG como “un grupo de empresas unidas para abordar proxectos colaborativos que aumenten onivel de competitividade do sector”. Barbé puxo de manifesto que “o sector audiovisual galego é altamente cualificado e premiado fóra de Galicia” e que este é un “capital conseguido nos últimos anos que debe rendabilizarse”.

Durante a reunión tratáronse diversos temas de interese para o sector audiovisual galego como a coordinación entre a AGADIC e o Consorcio Audiovisual de Galicia en relación ao reparto de competencias que afectan a este sector ou as próximas convocatorias de axudas á produción e desenvolvemento que publicará AGADIC.

Esta reunión enmárcase no actual clima de diálogo e colaboración no que traballa o CLAG, que vén de retomar as relacións institucionais coa Administración autonómica e con outras institucións relevantes do sector audiovisual galego, co obxectivo de establecer sinerxías que posibiliten alianzas entre todos os axentes implicados neste sector. Ata o momento, os representantes do Clúster xa mantiveron encontros cos máximos responsables de AGADIC, IGAPE, CRTVG, AEGA, a Academia Galega do Audiovisual ou o departamento autonómico responsable da Modernización e a Innovación Tecnolóxica, entre outros.

A través destas colaboracións o Clúster busca conseguir o compromiso de esforzos que redunden na maior competitividade das empresas galegas, con vistas á xeración de emprego na nosa Comunidade autónoma.

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

 

Categoría: Novas
Etiquetas: