O Centro Galego de Artes da Imaxe remata mañá xoves día 11 de marzo (20.30 horas) o ciclo dedicado ao cineasta estadounidense Jem Cohen coa proxección dun programa sorpresa elaborado polo propio Cohen. A sesión repesca un título que non puido proxectarse por razóns técnicas o pasado sábado, ‘BURIED IN LIGHT‘ (1994).
O programa sorpresa, que recolle unha selección de traballos seleccionados polo mesmo Jem Cohen, inclúe títulos como: 4 MINUTE FILMS; DRINK DEEP (1991); LE BLED (BUILDINGS IN A FILED) (2009); ANECDOTAL EVIDENCE (2009); ANNE TRUITT WORKING (2009); BRICK LANE (2009); CIUDAD DE MÉXICO POR AZAR (fragmento) (2009); NICE EVENING, TRANSMISSION DOWN (2001).
Dentro deste programa tamén figura a longametraxe BURIED IN LIGHT (Estados Unidos, 1994), na que Cohen realiza unha exploración persoal por Europa Central e do Leste nun tempo de grandes cambios. Recolle imaxes captadas entre 1992 e 1993 en lugares como Varsovia, Berlín, Praga, Cracovia, Budapest ou Dresde, un mundo en transo de desaparición que xa comezaba a formar parte, como di Cohen, da “rede internacional de centros comerciais”. Importante banda sonora.
Máis información na web: www.cgai.org