O CGAI PROXECTA OS TRABALLOS DE JOHN EASTHAM E MARGUERITA MORELLO

25 / 06 / 2009

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) proxecta mañá venres día 26 de xuño (23 HORAS) as curtametraxes galegas MÁIS MADEIRA (2004) do británico afincado en Galicia John Eastham e os traballos de Marguerita Morello FLAVIA SÁNDALO E O FALO DE SHIVA (2007) e BLOQUEO (2009). A sesión estará presentada por Gael Herrera, produtora e directora de fotografía dos tres traballos, e John Eastham. Con posterioridade á proxección haberá un coloquio co público, ademais de proxectarse unha peza sorpresa. A entrada é gratuíta.   

MÁIS MADEIRA    
(España, 2004)
Dirección e guión: John Eastham, sobre un cómic de Monteys. Produción: Lolalí. Fotografía: Gael Herrera e Olmo Couto. Intérpretes: Luis Zahera, Xaquim Marcos, Jorge Eiroa, Miguel de Lira, Goldi, Lola Giadás. Duración: 7 minutos.
Chaouib é un inmigrante marroquí que, mentres agarda ás portas da oficina de inmigración para arranxar os papeis, observa o comportamento dos cidadáns que pasan.

BLOQUEO     
(España, 2009)
Dirección: Margherita Morello. Guión: Margherita Morello e Rula Blanco. Produción: Pau Goñi para Oroboro Films. Fotografía: Gael Herrera. Intérpretes: Rula Blanco, Loli Barbazán, Marcos Carballido. Duración: 18 minutos.
Leticia, unha moza estudante galega, que vive soa nun piso de Barcelona queda un día “bloqueada” fóra da casa e dentro dun sistema burocrático tentacular….
 
FLAVIA SÁNDALO E O FALO DE SHIVA   
(España, 2007)
Dirección: Margherita Morello. Guión: Margherita Morello, Paula Sanmartín e Antón Coucheiro. Produción: Oroboro Films e Flavia Production. Fotografía: Gael Herrera e Margherita Morello. Intérpretes: Paula Sanmartín, Antón Coucheiro, Natalia Outeiro. Duración: 14 minutos.
A delirante historia de Flavia Sándalo a través dun relato trepidante que vai desde Broadway ata a India sen saír do país. A primeira massala-movie galega da historia, participante no Festival de Cans 2007.

Categoría: Novas
Etiquetas: