Xornada profesional con Eliseo Antunaga
Eliseo Altunaga Barrera (Cuba, 1941) guionista, consultor e escritor. Decano da Cátedra de Guión da Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños, Cuba. Licenciado en Lingua e Literatura Hispánicas pola Universidade da Habana e Profesor Titular Adxunto do Instituto Superior de Arte (ISA) da Universidade da Habana, Cuba.
Na súa extensa carreira como consultor de guión destacan os seguintes filmes: Unha Muller fantástica (2017), de Sebastián Lelio (Chile), Oso de Prata en 2017 ao mellor guión e Oscar en 2018 á Mellor Película de fala non inglesa; Non (2011) de Pablo Larraín (Chile) finalista como mellor película estranxeira en 2013 aos Oscar e premiada na Quincena dos Realizadores do festival de Cannes; Post Mortem (2010), dirixida por Pablo Larraín (Chile) seleccionada na Sección Oficial do Festival de Venecia en 2010. Machuca (2003), do director Andrés Wood (Chile), premiada como Mellor Película Iberoamericana e finalista nos Premios Goya á Mellor Película Estranxeira en 2005.
Como guionista, a súa obra máis prestixiosa internacionalmente é Violeta subiu aos ceos (2010) galardoada no Sundance Film Festival co Gran Premio Internacional do Xurado e finalista nos Oscar na categoría de Mellor Película en Lingua Estranxeira en 2012.
Data e lugar:
Sábado 11 de xuño de 11:00h a 14:00h.
Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010, A Coruña.
Inscrición:
A asistencia á xornada é gratuíta. Para participar é preciso enviar un correo a info@academiagalegadoaudiovisual.gal indicando: nome e apelidos, DNI e familia profesional (guión, producción, dirección…) á que pertence a persoa que desexa inscribirse.
O número de prazas dispoñibles é de 20, que se asignarán por orde de inscrición. Habilitarase unha listaxe de agarda unha vez estean cubertas.
Prazo:
O prazo de recepción de inscricións estará aberto do 1 ao 9 de xuño de 2022. O 10 de xuño enviarase un recordatorio ás persoas inscritas.
Programa:
Introducción:
- O argumento: avaliación e análise desde o punto de vista de produción.
- O relato, narración e diéxese desde a perspectiva de produción.
A estrutura:
- Instrumentos para verificar os núcleos argumentais.
- Revisión da estrutura sintagmática para visualizar a idoneidade da orde dos segmentos e sintagmas na narración.
- O papel de sentido que xogan a orde, o tempo, o espazo e as relacións semánticas, sintácticas e rítmicas na construción do relato.
Estruturas narrativas:
- Modelo clásico.
- Arte e ensaio.
- Asimilacionismo.
- Falsa fragmentación.
- Post Modernismo.
Estrutura Paradigmática.
- O espectáculo.
- A ruptura.
- A refuncionalización.
Construción do personaxe:
- Verificar que o personaxe cumpra na narrativa clásica cos obxectivos da posterior narración.
- Avaliación do personaxe dentro dun xénero concreto.
- Variantes de acordo á idea de realización.
- Revisión do personaje desde un punto de vista psicolóxico: un simulacro da persoa real ou pola contra, a mirada do personaxe como unidade psicolóxica e de acción.
- A relación orgánica entre o personaxe e a estrutura do relato.
Elementos prácticos do argumento como ferramenta de produción:
- As localizacións.
- A luz.
- Os personaxes.
- O universo sonoro.
- O xénero.
- O vestiario.
- O destinatario.
- As posibilidades de produción.
- O custo.
Organiza: Academia Galega do Audiovisual coa colaboración do Concello da Coruña