NOVOS CONTIDOS PARA NOVOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

25 / 05 / 2009

Antón Reixa, presidente do Clúster Audiovisual Galego e socio fundador de Filmanova, mostrará aos alumnos de MPXA, o panorama audiovisual galego e os criterios de dinamización e apoio á internacionalización do sector. Reixa é director de películas como O lápis do carpinteiro (2002) e Hotel Tívoli (2007), presentador e guionista de programas de televisión e colaborador habitual de prensa, radio e televisión. Filmanova apoia a creación de contidos para móbiles e internet, así como a creación de contidos para as novas tecnoloxías.

José Miguel Asenjo, Director de Cuentas Online de Universal McCann España imparte unha clase o vindeiro 27 de maio sobre “Internet como medio de comunicación” onde, este experto en marketing online, explicará o paso de internet como ferramenta de consulta a medio de comunicación do futuro. Analizará tamén o caso práctico da campaña de Coca- Cola que esta empresa desenvolveu recientemente. Asenjo é Director de Contas Online de ONCE, Acciona, Microsoft, Yell Publicidade e Pandora, entre outras.

Lolo Rei, Director Xeral de Loro Estudio, estará en MPXA o xoves 26 de maio para explicar os contidos multiplataforma. Loro Estudio se adica ao desenvolvemento de contidos e aplicacións para dispositivos dixitais como a nova telefonía móbil, guías de programación electrónica e televisión interactiva.

Categoría: Novas
Etiquetas: