O filme Pradolongo dirixido por Ignacio Vilar gañou un novo galardón, nesta ocasión pola música da compositora Zeltia Montes. A “Accolade Competition” (La Jolla, California) ven de anunciar o premio “2009 Award of Excellence” para Zeltia Montes, pola súa excepcional partitura orixinal para o devandito filme.
Así mesmo, a compositora recibiu unha Mención de Honor no mesmo certame, o “2009 Award of Merit” pola partitura orixinal para a serie documental “El Camino del Cid” producida por Sateco Documentalia para TVE.
The Accolade é un concurso internacional no seu quinto ano e é considerada unha competición de alto prestixio. Honra a profesionais do cine, televisión e videografía que demostran logros excepcionais de talento e creatividade, así como a aqueles que produzan entretemento sobresaínte ou contribúan a un cambio social profundo. Os traballos son avaliados por profesionais altamente cualificados na industria do cine e a televisión.