NOVAS DO SECTOR: TEUTUBO INCORPORA As farolas DE ABELARDO RENDO

17 / 05 / 2007

A base máis importante de Galicia de pezas galegas na rede ten o honor de dar coñecemento da súa última incorporación: As farolas de Abelardo Rendo, unha acertada sátira da política local galega. Teutubo incorpora As farolas de Abelardo Rendo

A base máis importante de Galicia de pezas galegas na rede ten o honor de dar coñecemento da súa última incorporación: As farolas de Abelardo Rendo, unha acertada sátira da política local galega.

Xa que estamos en plena campaña electoral resulta axeitado e recomendábel facer un visionado desta curtametraxe centrada nos sucesos extra-oficiais que se poden atopar dentro da política dun concello galego a determinar.

Abelardo Rendo, realiza un excelente traballo no que destaca o altísimo nivel de produción. Máis interesante aínda se temos en conta que esta produción non contou con axuda da Consellaría de Cultura e Deporte.

Categoría: Novas
Etiquetas: