NOVAS DO SECTOR: TALLER DE INICIACIÓN Á ESCRITURA DE GUIÓNS EN MARZO, E SOBRE A CONSTRUCCIÓN DE GUIÓNS EN ABRIL

14 / 02 / 2007

O curso INICIACIÓN Á ESCRITURA DE GUIÓNS (30 h.), de carácter gratuíto e dirixido a traballadores/as do rexime xeral ou do réxime de autónomos, impartirase por JAVIER GANCEDO (Premio Pilar Miró da ATV, Un franco, 14 pesetas, Profesor no Mastercam Internacional de Madrid), en Santiago de Compostela (sede da Fundación Caixa Galicia Rúa do Vilar, 19) o VENRES 9 de MARZO de 15:00 a 20:00 horas e do LUNS 12 DE MARZO ó VENRES 16 DE MARZO, en horario de 15.00 a 20.00 horas TALLER DE INICIACIÓN Á ESCRITURA DE GUIÓNS EN MARZO, E SOBRE A CONSTRUCCIÓN DE GUIÓNS EN ABRIL

O curso INICIACIÓN Á ESCRITURA DE GUIÓNS (30 h.), de carácter gratuíto e dirixido a traballadores/as do rexime xeral ou do réxime de autónomos, impartirase por JAVIER GANCEDO (Premio Pilar Miró da ATV, Un franco, 14 pesetas, Profesor no Mastercam Internacional de Madrid), en Santiago de Compostela (sede da Fundación Caixa Galicia Rúa do Vilar, 19) o VENRES 9 de MARZO de 15:00 a 20:00 horas e do LUNS 12 DE MARZO ó VENRES 16 DE MARZO, en horario de 15.00 a 20.00 horas.

Este curso está preparado para que guionistas, directores/as, produtores/as e outros profesionais da produción audiovisual coñezan e manexen os mecanismos fundamentais da escritura dramática. Nas clases, de carácter práctico, os/as participantes analizarán guións e obras audiovisuais recoñecidas e tamén traballarán cos seus propios textos (achégase programa completo)

Para INSCRIBIRSE no curso, os/as interesados/as deberán enviar a AGAPI (Rúa Mónaco nº 7-baixo A, 15707 Santiago de Compostela) a seguinte documentación por fax (981 564 322) ata o día 26 de febreiro:

•Orixinal da ficha de inscrición (que se achega a esta comunicación)
•Fotocopia do D.N.I. polas dúas caras
•Os/as traballadores/as do réxime xeral deberán incluír a fotocopia da cabeceira da súa última nómina e os traballadores/as autónomos, a fotocopia da súa alta de autónomo e a fotocopia do último recibo do banco.

En calquera caso só poderá formalizarse a inscrición co envío por correo ou entrega na oficina de AGAPI, ata o día 28 de febreiro, do orixinal da ficha de inscrición.

No mes de abril celebrarase a segunda parte desta formación práctica, A construcción do guión, na que se profundizará nas claves de funcionamento dun bo guión (achégase programa completo). Informaremos da apertura do prazo de inscrición neste segundo obradoiro (no que terán preferencia os/as participantes do primeiro curso)

Categoría: Novas
Etiquetas: