NOVAS DO SECTOR: SELECCIONADOS OS 27 FINALISTAS DOS PREMIOS EGANET 2007

27 / 03 / 2007

O xurado da IV edición dos Premios EGANET 2007, integrado por institucións e profesionais das tecnoloxías da información e das comunicacións, ven de seleccionar os 27 finalistas que optan a estes premios, distribuidos en nove categorías Os premios entregaranse este xoves no Auditorio de Galicia

SELECCIONADOS OS 27 FINALISTAS DOS PREMIOS EGANET 2007

O xurado da IV edición dos Premios EGANET 2007, integrado por institucións e profesionais das tecnoloxías da información e das comunicacións, ven de seleccionar os 27 finalistas que optan a estes premios, distribuidos en nove categorías. O listado de finalistas por categorías é o seguinte:

-Premio Iniciativa: Arume Desenvolvementos Informáticos (A Coruña) , E2E Información Services S.L. (Vigo), Quobis Networks (Porriño).
-Premio Software Libre: Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) (Santiago ), IES Chan di Monte (Marín) , Imaxin Software (Santiago).
-Premio Net-Art: ImaginaNovas Tecnoloxías S.L. (O Grove), Interacción CIM S.L (Vigo)., Visual Publinet (Vigo).
-Premio Comunicación Web: Cristina Ayala (A Coruña) , Interacción CIM S.L.(Vigo) , Editorial Compostela, S.A (Santiago).
-Premio Comunicación Institucional: Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Vigo (Vigo), Imaxin Software (Santiago), Información e Comunicación Local (Santiago).
-Premio Aplicación Online: Satdata Telecom (Culleredo), Pexego Sistemas Informáticos S.L. (Lugo) , Loroestudio S.L (Ferrol).
-Premio E-Comerce: Guillermo e Hijos S.L. (Monforte de Lemos), Información e Comunicación Local (Santiago), IP Publicidad y Multimedia, Grupo Femxa (Vigo)
-Premio Mellor Campaña Publicitaria na Rede: Abertal Networks S.L.: campaña publicitaria Galicia Calidade (Carballo); Galiciabanner: campaña publicitaria Pescanova (Vigo), La Nuestra Comunicación Publicitaria S.L.: campaña publicitaria da Formación Profesional para a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oleiros).
-Premio Tecnoloxía Accesible: Arume Desenvolvementos Informáticos (A Coruña), Concello de Abegondo (Abegondo), TADEGa.net (A Coruña).

Estas 27 empresas foron seleccionadas entre as 163 candidaturas presentadas a esta edición. Ademáis das nove categorías, distinguirase co Premio Especial EGANET ao proxecto, entidade ou personalidade galega que máis contribuise a dar a coñecer e impulsar a realidade galega no contorno Internet e, deste xeito, contribúa a promocionar as novas tecnoloxías en Galicia.

O fallo do xurado e a entrega dos premios terá lugar este xoves, día 29 de marzo, ás 18:30 horas no Auditorio de Galicia en Santiago, nun acto ao que está previsto asista o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco.

Estes galardóns foron creados no ano 2003 pola Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás novas Tecnoloxías, EGANET, para recoñecer e estimular o labor e o talento dos empresarios, profesionais e creadores que, sentándose comprometidos coa expansión da Sociedade da Información na nosa comunidade, deseñan, programan e desenvolven produtos e servizos que teñen en Internet e nas novas tecnoloxías da información a súa razón de ser.

Categoría: Novas
Etiquetas: