NOVAS DO SECTOR: O FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE OURENSE ESTARÁ PRESENTE NA 27 EDICIÓN DE FANTASPORTO

22 / 02 / 2007

A xerente do certame, Nora Sola, participará como xurado oficial na prestixiosa sección da Semana dos Realizadores, que terá lugar dende hoxe, día 23 de febreiro, ata o día 4 de marzo, dentro da 27 edición do festival portugués Fantasporto, seguindo así o protocolo de colaboración que ambos certames firmaron en Ourense durante a pasada edición do festival ourensano O FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE OURENSE ESTARÁ PRESENTE NA 27 EDICIÓN DE FANTASPORTO

A xerente do certame, Nora Sola, participará como xurado oficial na prestixiosa sección da Semana dos Realizadores, que terá lugar dende hoxe, día 23 de febreiro, ata o día 4 de marzo, dentro da 27 edición do festival portugués Fantasporto, seguindo así o protocolo de colaboración que ambos certames firmaron en Ourense durante a pasada edición do festival ourensano.

Nesta sección, que cumpre 17 anos, participan un total de 16 películas, entre elas dúas con representación española. A coproducción El Método, de Marcelo Piñeyro e a galega Un franco, 14 pesetas, de Carlos Iglesias, cuias primeiras imaxes se puideron ver fai dous anos na décima edición do Festival de Ourense. Entre os títulos estranxeiros destaca Réquiem de Hans-Christian Schmid, que se puido ver na sección Inédito en Ourense da pasada edición do Festival.

Dende o pasado ano, fíxose patente a colaboración entre ambos festivais, xa que entre outras accións internacionais tivo lugar a proxección da película portuguesa El maligno de Tiago Guedes e Frederico Serra, que inagurou o Festival Fantasporto 2006; e a presencia do co-director do certame portugués, Antonio Réis, en calidade de membro do xurado de longametraxes.

Categoría: Novas
Etiquetas: