Hoxe martes día 20 en Vigo (MARCO 20:00) e en Santiago de Compostela (Facultade de C.C.), o director Adán Aliaga e o produtor Xosé Zapata presentan o DVD da multipremiada La Casa de mi Abuela. Onte luns 19 de marzo en A Coruña (CGAI ás 20:15), tamén foi presentado. O DIRECTOR ADAN ALIAGA PRESENTA O DVD DO DOCUMENTAL LA CASA DE MI ABUELA
Hoxe martes día 20 en Vigo (MARCO 20:00) e en Santiago de Compostela (Facultade de C.C.), o director Adán Aliaga e o produtor Xosé Zapata presentan o DVD da multipremiada La Casa de mi Abuela. Onte luns 19 de marzo en A Coruña (CGAI ás 20:15), tamén foi presentado.
A traxectoria de premios internacionais obtidos polo documental LA CASA DE MI ABUELA podese considerar como única na historia do documental en España. Gañador do Jori Ivens no Festival de Documentales de Ámsterdam, convertían a LA CASA DE MI ABUELA nun dos documentais españois de maior trascendencia internacional dos últimos anos. Os sucesivos éxitos en Chicago, Miami, Pamplona, Madrid, Belgrado ou Brooklyn so facían consolidar unha traxectoria que remata coa estrea nos Estados Unidos e a Nominación nos Premios do Cine Europeo.
O DVD especial de La Casa de mi Abuela contén gran número de material extra. Dúas curtametraxes do propio director Adán Aliaga, dúas pezas sobre a historia da Abuela na actualidade, e as secuencias descartadas, tendo máis de 40 minutos de material.
A presentación do DVD se realizará con proxeccións públicas do filme acompañadas dun debate posterior co director. O día 19 de marzo as 20:15 no Centro Galego de Artes da Imaxe, e o día 20 no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) ás 20 horas.