NOVAS DO SECTOR: O CLÚSTER ANALIZARÁ CON EXPERTOS A FRAGMENTACIÓN DE AUDIENCIAS E IMPACTO PUBLICITARIO

23 / 11 / 2006

Será no seo dunhas xornadas previstas para o 14 de decembro en Santiago de Compostela ás que asistirán o presidente executivo de Barlovento Comunicación, o presidente de BAP Conde e directivos de medios autonómicos como CRTVG, CCRTv e Sogecable.
O Clúster Audiovisual Galego , en colaboración coa Consellería de Industria, convida a santiago de Compostela a importantes expertos en medición de audiencias, comércio e publicidade. O CLÚSTER ANALIZARÁ CON EXPERTOS A FRAGMENTACIÓN DE AUDIENCIAS E IMPACTO PUBLICITARIO

Será no seo dunhas xornadas previstas para o 14 de decembro en Santiago de Compostela ás que asistirán o presidente executivo de Barlovento Comunicación, o presidente de BAP Conde e directivos de medios autonómicos como CRTVG, CCRTv e Sogecable.
O Clúster Audiovisual Galego , en colaboración coa Consellería de Industria, convida a santiago de Compostela a importantes expertos en medición de audiencias, comércio e publicidade.

O obxectivo é analizar en profundidade o novo escenario que a converxencia dixital expón á hora de dirixirse ao público cada vez máis fragmentado así como o nivel de credibilidade dos actuais 3.300 audímetros co paso de 6 televisións a polos menos 40 novas canles.

Medición de audiencias no mundo dixital
Os novos enfoques en medición de audiencias, como os audímetros persoais fronte ao tradicional People Meter ou a explicación de interesantes e actuais proxectos levados a cabo por Sofres e OJD, serán epígrafes a desenvolver no primeiro bloque destas xornadas.

Marketing de audiencias. A batalla televisiva polo posicionamento
Os novos formatos publicitarios en televisión, a situación actual ou perspectivas de futuro para as televisións xeralistas coa irrupción cada vez máis potente dos microtargets, conforman o segundo apartado desta ágora cuxo formato non deixa fóra outro aspectos cruciais neste contexto como son a visión do anunciante sobre a medición de audiencias e a eficacia publicitaria diante da multiplicidade de actores e plataformas de contido.

Categoría: Novas
Etiquetas: