NOVAS DO SECTOR: FESTIVAL DE CINE DE OURENSE: PALMARÉS 11ª EDICIÓN DO FESTIVAL DE CINE DE OURENSE

13 / 11 / 2006

Relación dos Premios do Festival de Cine de Ourense PALMARÉS 11ª EDICIÓN DO FESTIVAL DE CINE DE OURENSE

LONGAMETRAXES

 Premio á Mellor Fotografía: Arthur Reinhart por Jestem (Polonia), pola súa coidada e esmerada imaxe.
 Mellor Actor: Germán Palacios, por Posdata (España), pola súa naturalidade interpretativa.
 Mellor Actriz: Mirjana Karanovic por Grbavica, el secreto de Esma (Austria, Bosnia-Herzegovina, Alemaña), por reflexar fidedignamente o drama dalgunas mulleres do seu país.
 Premio Especial do Xurado: De bares, de Mario Iglesias (Galicia – España), considerado a veracidade do ambiente reflexado no film.
 Premio Carlos Velo ao Mellor Director: Eric Caravaca por Le passager (Francia), pola súa versatilidade na súa doble función de director-actor.
 Premio do Público á Mellor Película: Indigènes, de Rachid Bouchareb (Francia, Marrocos).
 Gran Premio Calpurnia á Mellor Película: Al otro lado, de Gustavo Loza (México), pola recreación imaxinativa da tráxica realidade da emigración, dende o prisma dos nenos protagonistas.

Mencións

 Mención Especial del Jurado: al GUIÓN de Indigènes (Francia, Marruecos)

CURTAMETRAXES

 Premio Eixo Atlántico á mellor curtametraxe galega ou portuguesa: Salitre, de Leonor Noivo (Portugal)
 Premio ao Mellor Actor: Tom Schilling por Wigald (Alemaña)
 Premio á Mellor Actriz: Thérèse Roussel por Béa (Francia)
 Premio Calpurnia ao Mellor Director: Daniel Mulloy por Dad (Reino Unido)

 Premio do Público á Mellor Curtametraxe: Carne de neón, de Paco Cabezas (España)
 Premio Calpurnia á Mellor Curtametraxe: Lucky de Avie Luthra (Sudáfrica, Reino Unido)

Mencións

 Mención Especial do Xurado: ao GUIÓN de Clases particulares (España), pola súa orixinalidade, frescura, talento e gracia.
 Mención Especial do Xurado: á INTERPRETACIÓN FEMENINA de Angels Poch e Meritxell Santamaría por Nati (España)
 Mención Especial do Xurado: á INTERPRETACIÓN MASCULINA de Joy Mwandla por Lucky (Sudáfrica, Reino Unido)

DOCUMENTAIS

 Premio ao Mellor Director: Marcos Nine por Pensando en soledad (Galicia – España), unha visión irónica, tenra e lúcida verbo dun personaxe, José Ernesto Díaz Noriega, unha época e mais unha sociedade. Mestre de boa parte dos modernos cineastas galegos, Díaz Noriega viviu nun tempo e nun lugar no que só se podía desenvolver a vocación cinematográfica no eido do amateurismo. Pensando en soidade dá conta con admirabel coherencia dese traxecto creativo, lúdico e fértil do biografiado no contexto galego.

 Premio Calpurnia ao Mellor Documental: The Shutka book of records, de Aleksandar Manić (República Checa, Serbia-Montenegro). Obra arriscada, valente, creativa e complexa, bañada cun persoal humor, constitúe un achegamento que, partindo dunha crúa realidade (herdeira do conflito balcánico), ofrece un mundo variopinto, caótico, irracional, brutal, miserabel e mesmo surrealista, no que os perdedores rematan por devir en campións.

Mencións

 Mención Especial del Jurado: Habana – Arte nuevo de hacer ruinas, de Florian Borchmeyer (Alemania), por ser quien de vehicular su visión conceptual y estética de las ruínas de la ciudad de La Habana como parábola socio-política.

Categoría: Novas
Etiquetas: