NOVAS DO SECTOR: A LONGAMETRAXE RETORNOS DE VACA FILMS, RECIBE A AXUDA

24 / 07 / 2007

A película estará dirixida por Luís Avilés, xoven realizador galego que dará ó salto a dirección de longametraxe con este proxecto. O guión está en mans de Alejandro Hernández, guionista consolidado na cinematografía española.

A LONGAMETRAXE RETORNOS DE VACA FILMS, RECIBE A AXUDA
DO PROGRAMA IBERMEDIA NA SÚA MODALIDADE DE COPRODUCCIÓNS

Retornos é unha producción de Vaca Films (España) en coproducción minoritaria con Patagonik Film Group (Arxentina).

A película estará dirixida por Luís Avilés, xoven realizador galego que dará ó salto a dirección de longametraxe con este proxecto. O guión está en mans de Alejandro Hernández, guionista consolidado na cinematografía española.

Retornos é un triller dramático que conta a historia de Álvaro, un home que tras escapar de se mesmo durante 10 anos, regresa ao seu pobo para asistir ao enterro do seu pai, o patriarca dunha familia rota. Alí reencóntrase cun pasado que aínda non puido esquecer, un pasado do que fuxiu polo repudio dos seus. Álvaro intentará recuperar agora a súa dignidade e o amor perdido de Mar, a súa filla. Pero non lle será fácil…a aparición dunha prostituta morta moi próxima ó entorno de Mar destapará escuros segredos nun pobo onde nada é o qua parece e todos teñen algo que ocultar.

Retornos, que conta cun orzamento aproximado de 1.600.000 ¤, ten prevista a súa rodaxe para o último trimestre de 2007 en diferentes localizacións de Galicia.

Para máis información:

VACA FILMS
C/Real nº 11 3º Izq.
15.003 A CORUÑA.
TEL. 881 91 75 66
www.vacafilms.com
prensa@vacafilms.com

Categoría: Novas
Etiquetas: