NOVAS DO SECTOR: 12 PROXECTOS PARTICIPAN NUN LABORATORIO ESPECIALIZADO DE GUIÓN CINEMATOGRÁFICO, DIRIXIDO POR EXPERTOS INTERNACIONAIS

21 / 05 / 2007

Hoxe deuse a coñecer en A Coruña o nome dos 12 proxectos seleccionados para participar no Laboratorio de Análise de Guión Cinematográfico Guionlab, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, coa colaboración da Axencia Audiovisual Galega da Consellería de Cultura e Deporte, e Caixanova. 12 PROXECTOS PARTICIPAN NUN LABORATORIO ESPECIALIZADO DE GUIÓN CINEMATOGRÁFICO, DIRIXIDO POR EXPERTOS INTERNACIONAIS

Hoxe deuse a coñecer en A Coruña o nome dos 12 proxectos seleccionados para participar no Laboratorio de Análise de Guión Cinematográfico Guionlab, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, coa colaboración da Axencia Audiovisual Galega da Consellería de Cultura e Deporte, e Caixanova. Con esta iniciativa, o Clúster brinda aos guionistas a oportunidade de materializar o seu talento orientándolles no desenvolvemento de cada fase do proceso de elaboración dun guión de cine. O obxectivo de Guionlab é dotar aos guionistas coas ferramentas de análise, estrutura e recursos para confeccionar guións cinematográficos con capacidade de participación e acceso aos mercados nacionais, europeos e internacionais de financiamento e co-produción.

Os proxectos seleccionados para particiar en Guionlab e converterse en guións cinematográficos desvelaronse hoxe no trascurso dunha rolda de prensa celebrada no Centro Social Caixanova de A Coruña, á que asistiron a xerente do Cluster, Carla Reyes, o director de Guionlab, Enrique Nicanor; o coordinador do Laboratório, Pedro Ramos, e o experto guionista galego Daniel Dominguez . Son Nas portas do ceo, de Ficción Producciones; Nación X e Fora de lugar, de Filmanova; Gago X Merenda, de Continental Producciones; Panteras grises, de Zenit/Trivisión; Picasso en guerra, de Miguel Abad; O home do cabalo branco, de Gonzalo Velasco; O que calan os nenos sabian, de Ledesma Producións; Pequenos seres incompletos, de Pachi Baranda; Cando veña a noite, de David Pérez Iglesias; Emetílico, a bebida da morte de Via Láctea Films, e Alfonso Braña, o regatón do Amazonas, de La Región S.A.

Estes 12 guionistas seleccionados participarán nun primeiro laboratorio, que se celebrará os vindeiros dias 30, 31 de maio e 1 de xuño no Centro Social de Caixanova de A Coruña, e contarán coa axuda de expertos en escritura de guións, para iniciar o proceso de creación dos seus guións cinematográficos. A segunda fase do Guionlab desenvolverase o 26, 27 e 28 de setembro de 2007 en Santiago de Compostela. Entre ambos prazos haberá un periodo de consultas a distancia de 8 semanas de duración, no que os participantes poderán pedir asesoramento aos expertos para finalmente presentar os seus proxectos no segundo laboratorio cos avances desenvolvidos.

Asesoramento de expertos internacionais no análise de guión

Para cumprir os obxectivos e orientar con éxito o traballo dos guionistas, o laboratorio conta con catro recoñecidos expertos no análise de guión cinematográfico procedentes de diferentes partes do mundo: Clare Downs, de Gran Bretaña, guionista e experta analista de guións europeos e tamén participante no programa MEDIA da UE; Daniel Díez Torres, guionista cubano do ICAIC e da Escola Internacional de Cine, San Antonio de Los Baños en La Habana e recoñecido contribuínte ao desenvolvemento da cultura artística e literaria cubanas; Álvaro del Amo, guionista e dramaturgo, director de cine e teatro, crítico musical e novelista español; e o galego Daniel Domínguez, un dous máis experimentados guionistas de Galicia, que dende 2000 céntrase primordialemente en traballar como guionista e editor para algunhas das máis coñecidas teleseries galegas.

O director do Laboratorio é o galego Enrique Nicanor, que conta cunha brillante traxectoria no mundo do audiovisual, (foi director da 2 de TVE, experto e xefe de estudios do EAVE da Unión Europea e Director de MASTERCAM o Master da ECAM, a Escola de Cinematografía de Madrid), acompañado por Pedro A. Ramos García, coordinador do Taller de Escritura 4 Contos, que será o responsable da coordinación dos guionistas e expertos participantes no Laboratorio Guionlab.

Categoría: Novas
Etiquetas: