NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ACADEMIA

2 / 06 / 2011

Na asemblea ordinaria e electoral do pasado venres 27 de maio saíu por aclamación unha nova xunta directiva que rexerá a vida da Academia os vindeiros dous anos. O equipo directivo está presidido por Antomio Mourelos, sendo  Vicepresidente Jorge Coira; Secretaria Sara Horta; Tesoureira María Liaño e como vogais Xaime Arias, Daniel D. García, Curru Garabal, Emma Lustres, José Pereira e Luís Tosar.


Categoría: Novas
Etiquetas: