Dado o éxito e a expectación acadadas logo da estrea da copia restaurada da película El andamio (1958) de Rogelio Amigo, o CGAI fará unha nova proxección, que terá lugar o vindeiro martes día 23 ás 19.00 horas. A entrada é gratuíta.
El andamio (1958), película rodada na cidade da Coruña en formato 16 mm. baixo a dirección de Rogelio Amigo e produción e realización dos irmáns Docampo cumple 50 anos. Restaurado o negativo orixinal da película (que se creía pouco menos que perdida, aínda que en posesión dos irmáns Docampo) polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en 2008, son moitos os elementos de interés contidos neste traballo.
O contexto no que se desenvolve o relato (inicios guerra civil, anos 50), o inusual do seu formato e duración (35 minutos), a presencia de componentes derivados dalgunhas das máis distinguidas tendencias das cinematografías mundiais por entón influintes e a erudición contida en ela, unido ao rotundo esforzo de produción realizado, o guión e discursos planteados, así como a contemporaneidade de varios dos seus presupostos, permiten aproximarnos a un título atípico e moi capaz de destruir os a veces finos límites establecidos entre o cine aficionado e o cine profesional.
EL ANDAMIO
España, 1958)
Dirección e guión: Rogelio Amigo. Produción: Docampo-Amigo. Fotografía: Carlos Docampo. Intérpretes: José María Pujalte, Marisa Naya. Duración: 35 minutos.
Juan, un obreiro, morre ao caer dun andamio. O aparente accidente lévanos a un longo flash-back localizado no inicio da guerra civil española, cando uns homes lle levan unhas xoias a Juan. Duro melodrama cheo de erudición cinematográfica que saca partido ás localizacións da cidade da Coruña. Estrea da copia restaurada.