Informamos ós medios de comunicación galegos da recente proclamación da nova Xunta Directiva de ATEGA, a Asociación de Técnicos de Galicia do Audiovisual, aprobada en Asamblea Extraordinaria o Sábado 26 de Xaneiro do presente ano. A nova Xunta Directiva está formada polos seguintes membros:
. Presidente: Jose Juan Morgade López
. Vicepresidente: Martín Ramudo Prieto
. Secretaria: Miriam Devesa Botana
. Tesoreiro: Miguel Mariño Lamas
. Vogal: Isa Rega Nión
. Vogal: Alberto Díaz Blanco
. Vogal: Fito Ferreiro Seoane
ATEGA naceu fai un ano con espírito de unión e colaboración para acadar unha voz común e establecer un vehículo de expresión das expectativas e necesidades dos técnicos do sector audiovisual en Galicia.
Dende a nova Xunta Directiva queremos agradecer a importante labor realizada pola anterior directiva presidida por María Liaño, labor que continuaremos, intentando fechar as iniciativas pendentes e promovendo novas liñas de actuación co mesmo espírito de aglutinar os esforzos dun colectivo cun papel crucial no desenvolvemento do sector e formado por profesionais cualificados que non contaban cunha ferramenta para defender os seus intereses comúns.
Así seguiremos loitando por fomentar o recoñecemento do noso prestixio profesional e por conseguir melloras en tódolos aspectos para os profesionais.
Convidamos a tódolos profesionais do sector que aínda non están asociados connosco a que formen parte deste proxecto común solicitando a ficha de inscrición no enderezo atega@atega.org
Sen outro particular e agardando traballar conxuntamente polo ben do sector, reciban un moi cordial saúdo.
Juan Morgade
Presidente de ATEGA