Despois da primeira edición deste certame, as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo descubertas por ser o mundo rosaliano un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe.
O Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.com). O Xurado estará formado por persoas relevantes do mundo da cultura galega e do audiovisual.
O motivo central destas curtas é a figura de Rosalía de Castro. Polo tanto, aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame deberán ter en conta que a temática xeral sea a persoa de Rosalía de Castro, a súa obra ou algún elemento que destaque a súa vida ou traballo, ou ben que a temática se centre, interprete ou explore calquera texto da Literatura Galega
A organización do certame “Curtas para Rosalía” establece dous premios. O primeiro é de 2.000 euros para a mellor curtametraxe. O segundo, ás obras cuxos realizadores/as ou directores/as sexan menores de 30 anos, será de 1.000 euros.
Pode atoparse máis información referida a esta convocatoria no enlace: http://bitaculas.as-pg.com/literaria/, na entrada “Curtas para Rosalía”.