Nota legal

13 / 01 / 2009

POLÍTICA DE PRIVACIDADE DA ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

  1. A ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmalle de que:

– A súa denominación social é ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL.

– O seu CIF é G 15 844 145.

– Os seus teléfonos de contacto son 981 227 701 e 981 208 393.

– O seu domicilio localízase en Praza Pintor Sotomayor s/n 2º piso, 15001 A Coruña.

– E dispón do seguinte enderezo de correo electrónico de contacto: info@academiagalegadoaudiovisual.gal

  1. Así mesmo, a ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL adoitou as medidas e niveis de seguridade esixidos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa que a desenvolve, conforme ós datos que almacena e trata. Os procedementos, normas e medidas establecidas poderán ser susceptibles de mellora como consecuencia de futuros cambios no sistema de información do Responsable do Ficheiro. Igualmente, poden verse afectados ante modificacións realizadas sobre a lexislación vixente en materia de protección de datos.
  2. A ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL implantou tódalas medidas técnicas ao seu alcance para garanti-la confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información solicitada a través da súa páxina web www.academiagalegadoaudiovisual.gal
  3. A información obtida pola ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL dos distintos usuarios que visitan e interactúan coas páxinas e seccións localizadas en www.academiagalegadoaudiovisual.gal, será rexistrada nun ficheiro automatizado, propiedade de ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos.
  4. A finalidade da recollida e tratamento de datos será a de poder, eventualmente, contactar co usuario que visita e completa os formularios existentes no sitio web, agora ou no futuro, para cuestións derivadas da propia relación comercial que se estableza entre ambas partes e o envío de comunicacións comerciais sempre relacionadas cos servizos ou produtos da ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL.
  5. A formalización dos formularios, o envío de correos electrónicos ou o uso doutros mecanismos de comunicación ofrecidos en www.academiagalegadoaudiovisual.gal, implican o consentimento expreso do usuario ó tratamento dos seus Datos de Carácter Persoal por parte de ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, coas finalidades expresadas no apartado 5.
  6. Calquera usuario que o desexe, pode exercita-los seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, con arranxo ó previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa aplicable ó efecto, mediante o envío dunha solicitude escrita e asinada, incluíndo o seu nome, apelidos e fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo válido, na que se solicite o exercicio daqueles dereitos que desexe, a Praza Pintor Sotomayor s/n 2º piso, 15001 A Coruña. Este servizo non terá custo algún para o solicitante.
  7. Cando un usuario accede á páxina web de ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL pode quedar rexistro de parámetros tales como o enderezo IP do usuario que se conecta, as páxinas visitadas, a data e a hora de conexión…, que non pretenderán en ningún caso unha finalidade que non sexa meramente estatística. Calquera outro dato de carácter persoal, tipo nome, enderezo, teléfono, correo electrónico… que non poida ser solicitado co mero feito de navegar polas páxinas existentes nun sitio web, non estará dispoñible para a empresa se o propio usuario non proporciona nun formulario disposto para tal fin.
  8. A ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web ou na configuración e presentación desta.
  9. A ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL non garante a inexistencia de erros no acceso ó sitio Web ou no seu contido, nin que este se atope actualizado, aínda que empregará tódalas medidas que estean ao seu alcance para evitalos ou emendalos.
  10. A ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos mostrados na conexión a enlaces de terceiros ós que se fai referencia na web.
  11. A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial da ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas. Tanto o acceso a esta web coma o uso que poida facerse da información contida na mesma é responsabilidade exclusiva de quen o realiza.
  12. A ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL non se fai responsable dos erros de seguridade que se poidan producir, nin dos posibles danos que se poidan causar no sistema informático do usuario, como consecuencia da presenza de virus no ordenador empregado para a conexión ós servizos e contidos de www.academiagalegadoaudiovisual.gal, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.
Categoría: Novas
Etiquetas: