Do 6 ao 9 de xullo celebrarase en A Coruña Mundos Dixitais 2011, o X Festival Internacional de Animación, Efectos Dixitais, Videoxogos e Arquitectura Dixital. O evento volverá a reunir a algúns dos profesionais máis destacados deses campos. No seu seo entregaranse premios ás mellores curtametraxes de animación dixitais, e un galardón especial a Alvy Ray Smith, cofundador de Pixar.
Mundos Dixitais 2011 terá como eixo principal as conferencias a cargo de expertos. O evento abrirase o 6 de xullo cunha xornada integramente adicada á arquitectura dixital na que participarán coma poñentes Víctor M. Feliz (Motiva), Víctor Pérez (Concepto Nau), Luis Hernández e Obdulia Taboadela (Universidade da Coruña), Michael J. Brown (Nau) e Jules Coke (Squint/Opera). Como colofón, entregaranse os Premios 3DAwards, nos que, por segunda vez na historia, un proxecto español opta ao galardón final, e terá lugar unha mostra de obras do CGArchitect Film Festival. Ademais, entre os días 7 e 9 de xullo sucederanse as conferencias en torno aos efectos especiais Dixitais, o cine de animación ou os videoxogos, impartidas por expertos de distintos países. Pasarán por A Coruña, entre outros, Carlos Fernández e Marcos García (Moonbite Games), Manuel Cristóbal (Perro Verde Films), Juan R. Nouche (Otiiplanet), Sergio García (The Frank Barton Company), Freddy Córdoba y David Diéguez (Kotoc), Jordi Bares (The Mill), Eric Roth (VES), Astrid Busser (Double Negative), Peter Plantec (Ordinarymagic.com), Christopher Nichols (Digital Domain), Eduardo Martín (Pixar Animation Studios), Gonzalo Rueda (Ilion Animation Studios), Víctor M. López (Vodka Capital), Jaime Maestro (PrimerFrame), Enrique Gato (Lightbox Entertainment), Gonzalo Guirao (Tonika Games), Craig Caldwell (University of Utah), Terrence Masson (Northeastern University), e profesionais independentes como Maya Benainous (Project Manager), Toni García (director creativo e de arte), Dana Boadway (Senior Character Animation), ou Miguel Angel Fuentes (supervisor de animación e director). Todos eles falarán dos proxectos que teñen en marcha ou que levaron a cabo, e dos últimos avances nos seus ámbitos de actividade. Entre outras cousas, tratarase de películas como Tadeo Jones, Tron: Legacy, Origen o Arrugas.
Ademais, Mundos Dixitais organiza o I Foro de educación para a industria, cuxo obxectivo é fomentar a sintonía entre os plans de estudos dos centros educativos coas necesidades reais da industria. Para isto, contarase coa participación de escolas e empresas do sector, que se reunirán nunha mesa de traballo privada na que os primeiros exporán os seus obxectivos e a súa realidade á hora de plantexar a formación, e os segundos falarán do tipo de perfís que buscan. Así mesmo, o evento acollerá unhas xornadas de reclutamento por parte de firmas como Double Negative, Silverspace, Otiiplanet, Vodka Capital, U-Tad ou Zinkia, e organizará unha visita ao Laboratorio de Creación e Investigación en Contidos Dixitais (LABCICOD) da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. No apartado de proxeccións, poderase ver, en Electronic Theater, unha selección de obras do xénero no Teatro Colón, e outra cos premios Cartoon d’Or. Ademais, o día 9 terá lugar o Festival Internacional de Animación. Entre tódolas curtas de animación dixitais recibidas foron escollidas oito finalistas. Na categoría de mellor curta de animación nacional son Daisy Cutter, de Enrique García e Rubén Salazar, El club del bromista, de Luis Usón, La bruxa, de Pedro Solís, e Friendsheep, de Jaime Maestro; e na modalidade de mellor curao de animación internacional compiten Paths of Hate, de Damian Nenow, Hezarfen, de Ari Tolga, Romain Blanchet, Rémy Hurlin e Chung-Yu Huang, Loom, de Ilija Brunk, Jan Bitzer e Csaba Letay, e Salesman Pete, de Max Loubaresse, Anthony Vivien e Marc Bouyer. Un xurado outorgará premios ás mellores curtos en ambas categorías, así como un premio especial. Tamén se concederá o premio do público. Os galardóns consistirán nun trofeo. En dita gala de clausura, tamén se entregará el Premio Especial 2011 a Alvy Ray Smith, cofundador de Pixar.