“Os mundos de Coraline” proxéctase mañá, sábado día 9 de novembro ás 18.00h no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa dentro do seu Ciclo de Cine Familiar. Entrada libre, aforamento limitado.
Os mundos de Coraline. Baseada nunha novela de Neil Gaiman, narra a historia dunha nena que, ao atravesar unha parede da súa casa, encontra unha versión mellorada da súa vida: os seus pais son máis considerados con ela, pero as sensacións marabillosas darán paso ao medo e á angustia. O director de “Pesadilla antes de Navidad” ofrece outro maxistral exemplo de cine de animación válido tanto para nenos coma para adultos.
Ciclo de Cine Familiar. Este ciclo pretender recuperar o extraordinario hábito de acudir en familia ao cine, nuns tempos en que internet e as novas pantallas de ipads e tablets individualizaron o acto de compartir unha película. Nós reivindicamos que o cine debe verse en compañía e ás escuras, rodeado de estraños. Para iso, recuperaremos clásicos atemporais como “O mago de Oz”, éxitos descomunais como “Os Goonies” ou “Superman” e novos fitos do cine infantil como “Onde viven os monstros” ou “Os mundos de Coraline”. Un ciclo onde fomos moi esixentes ao facer a selección duns títulos que posúan valores universais e sobre todo unha gran calidade cinematográfica. Pensamos nos máis pequenos da casa, pero tamén nos maiores que os acompañarán. Grandes películas de hoxe e de sempre para gozar en familia.