MR. SMITH & MRS. WESSON, UNHA CURTAMETRAXE DE ACCIÓN NADA CONVENCIONAL

22 / 11 / 2012

Mr. Smith & Mrs. Wesson é unha curtametraxe dirixido por Jorge Saavedra e protagonizada por Octavi Pujades (Piratas, Ao saír de clase), Camila Bossa (Matalobos), Luís Igrexa B. (Matalobos, Piratas, A Fuga), Xabier Deive (Matalobos, O menor dos males), María Mera (Matalobos), Daniel Currás (Matalobos, E tamén a choiva) e Iván Marcos (Matalobos, Todo é silencio).

Cun orzamento axustado e aportado por catro novos, sen axudas nin subvencións, esta curtametraxe marca un fito na forma de facer ficción en Galicia. A curta ten unha duración de 25 minutos nos que o espectador non poderá pestanexar, xa que destila acción por todas partes. Case douscentos planos de efectos especiais, disparos, sangue e homenaxes ao mundo do cómic e do videoxogo.

“Mr. Smith & Mrs.Wesson” é unha curtametraxe arriscada e sen precedentes no sector audiovisual galego, no que participaron máis de oitenta profesionais entre os que se inclúen técnicos de efectos visuais, especialistas e coreógrafos.

Entre as súas peculiaridades destacan coreografías de pelexas, persecución de coches rodada con especialistas, máis de 150 planos de efectos especiais e unha banda sonora orixinal e son envolvente 5.1.

O Teatro Colón acollerá o 29 de Novembro ás 21:30 o estreo da curtametraxe. O prezo da entrada é de 3€ e pódese adquirir de forma anticipada a través de servinova.com.

No seguinte enlace poderedes ver o trailer: http://www.youtube.com/watch?v=SosDIba5XOU

Para maior información visitade: www.smithwesson-shortfilm.com

Ademais iniciaron unha campaña en Verkami para recadar fondos para a distribución da curta a nivel internacional. Destaca a edición especial TNT con todos os extras e merchandising que deseñaron..

A web da campaña en Verkami: http://www.verkami.com/projects/3495-mr-smith-mrs-wesson

Categoría: Novas
Etiquetas: