Un ano máis, o audiovisual galego será o protagonista da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) durante a semana das Letras Galegas, coa proxección dalgúns dos traballos premiados na pasada edición dos Premios Mestre Mateo. A entrada será libre ata completar aforo.
15 de maio
20:30h Idénticas de Luis Avilés (2018)
Mellor Documental nos XVII Premios Mestre Mateo
16 de maio
18:00h A nena azul de Sandra Sánchez (2018) e Soy una tumba de Khris Cembe (2018)
Mellor Curtametraxe de Imaxe Real e Mellor Curtametraxe de Animación nos XVII Premios Mestre Mateo
20:30h A sombra da lei de Dani de la Torre (2018)
Mellor Longametraxe nos XVII Premios Mestre Mateo