MATRIUSKA ANIMACIÓN E DOMOVOI DIXITAL CREAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN

19 / 11 / 2007

Matriuska animación e Domovoi dixital crean un convenio de colaboración para levar a cabo diferentes proxectos no eido da animación. Ámbalas dúas empresas traballan na creación de dúas series de animación nacidas da aplicación das últimas tecnoloxías. Matriuska animación e Domovoi dixital presentaron a pasada semana na terceira edición do Festival Animador de Córdoba os proxectos “Romántica”, “Polacos” e “Don Señor” con gran acollida entre os profesionais do sector.

“Romántica” é unha serie animada en flash con fondos expresivos 3D, apta para tódolos públicos, que se desenrola nun mundo a metade de traxecto entre un conto medieval e a nosa moderna sociedade globalizada. Unha versión moderna da bela e a besta na que a besta nunca deixará de selo.

“Polacos” é unha sitcom tradicional, con risas enlatadas e decorados tipo pero con unha gran peculiaridade: os actores son substituídos por personaxes dixitais creados íntegramente en 3D. Matriuska e Domovoi están a preparar os capítulos piloto destes proxectos.

O primeiro traballo que estrenarán as dúas produtoras, en virtude deste acordo de colaboración, será “Don Señor e o home do sono”, unha reflexión sobre a sociedade na que vivimos dirixida por Nacho Abia. Unha historia contrada a través da miscelánea da animación 3D e das técnicas máis antigas do 2D en canto a ilustracións. Este proxecto ten previsto a súa estrea no mes de decembro.

Categoría: Novas
Etiquetas: