‘MATALOBOS’ REAFIRMA O SEU LIDERAZGO NA TVG

16 / 06 / 2010

‘Matalobos’ sigue a ser a serie máis vista da Televisión de Galicia e a opción favorita dos galegos para a noite do martes. Esta semana, a produción de Voz Audiovisual liderou de novo cun 19,6% de cuota de pantalla e 216.000 espectadores de media.

O episodio de Matalobos partiu dun share por baixo do 12% e foi enganchando á audiencia, para rematar rozando o 26%, nunha curva en ascenso constante.

A serie impuxose, unha noite máis, a todalas ofertas na sua franxa de emisión. Españoles en el mundo (TVE) ocupou o segundo posto en Galicia cun 17,0% de share; a estrea de Enemigos  íntimos (Telecinco) foi a terceira opción, cun 12,2%; a despedida de House (Cuatro) e unha nova entrega do cine de La Sexta empataron con un 9,7%; Física o Química (Antena 3) fixo un 8,7%; e o cine de La 2 un 2,0% de cuota de pantalla.

Categoría: Novas
Etiquetas: